Información importante
Lonxitude: 9,5 km Desnivel: baixo Dificultade: baixa
Hora de saída: ás 16:00, na praza Andón Cebreiro de Friol.
Hora de remate: ás 19:00 aproximadamente, na mesma praza.
Continuamos cos roteiros polos arredores de Lugo coñecendo sitios moi interesantes como os estupendos lugares polos que nos leva este percorrido. Comeza no centro da vila, na praza Andón Cebreiro. A ruta vai inicialmente polo paseo fluvial ro río Narla, e logo por zonas de bosque, prados e pasteiros ata chegar á fortaleza de San Paio de Narla. Está construída sobre un antigo castro e data dos séculos XII e XIII aínda que a estrutura actual e froito de diferentes reformas. A nosa ruta continúa polos lugares de Carballeira e Macedo antes de regresar a Friol.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas ou roteiros, cun mínimo de 4 rutas de 1 día e máximo de 2 roteiros, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Ver aquí.