Destinatarios: Membros da Comunidade Universitaria.
Lugar: Valgada do campus, debaixo do pavillón central da Facultade de Veterinaria.
Data e horario: Os días 12 e 19 de 16.30 ata as 18.30 horas.
Inscrición: Grauíta dende o 22 de xaneiro as 13.00 horas.
Material: Todo o material será facilitado pola organización. A persoa inscrita terá que levar roupa cómoda.
Descrición e desenvolvemento: A actvidade estará guiada e vixiada en todo momento por monitores da organización para a práctica da orientación.
Lugar: Rocódromo de Lugo, no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo
Data e horario: Dende o día 23 ata o 26 de febreiro de 18.00 ata as 19.00 horas.
Inscrición: gratuíta.
Descrición e desenvolvemento: A actividade estará guiada e vixiada en todo momento por monitores da organización para a práctica da escalada en rocódromo. A sesión é de unha hora, máis a entrada libre despois de rematar o bautismo, e dicir, poderase estar no rocódromo ata o seu peche practicando a escalada con todo o material incluido.
Destinatarios: a Comunidade Universitaria.
Lugar: Casa da Xuventude, rúa Xesús Bal e Gay s/n
Data e horario: O martes 10 de febreiro de 18.30 ata as 21.00 horas.
Material: facilitarase por parte da organización.
Descrición e desenvolvemento: O obxectivo desta actividade é dar a coñecer dentro da comunidade universitaria este deporte. Nesta xornada intentaremos practicar este deporte ca aportación do Clube Dez Portas de Lugo.
Lugar: Activa 3, Rúa Camiño Real 163, 27003 Lugo
Data e horario: Os días 9 e 16 de abril de 19.00 ata as 21.00
Descrición e desenvolvemento: O Pickleball é un deporte de pala que combina elementos de o tenis, pádel, bádminton e tenis de mesa. É moi fácil de aprender, de ritmo rápido e moi divertido de xogar debido a os longos peloteos que se producen durante o transcurso dun partido. Está en pleno auxe e a súa práctica converteuse en toda unha tendencia entre os amantes dos deportes de raqueta, chegando ser na actualidade o deporte con maior crecemento nos Estados Unidos e gañando cada vez máis adeptos no resto do mundo e en particular en España. As súas regras son simples e o xogo é fácil de aprender para os usuarios que se inicien neste deporte, pero pode converterse nun xogo competitivo e de ritmo rápido para xogadores con máis experiencia. Case sempre xoga en dobres, aínda que tamén se pode xogar de maneira individual, especialmente para aqueles que buscan un reto maior. Nestas xornadas practicaremos este deporte ca aportación dos monitores de Activa 3.