NOVA INFORMACIÓN DO 3X3
Cronogramada do día de competición:
14:30 - 15:00 Acreditación e recollida de camisetas (levar DNI)
15:00 - 19:00 Fases de grupos (pasan 4 equipos de todos os grupos ás fases finais). Nesta fase de competición os partidos son a 8 minutos.
19:00 - 19:50 Fase previa campionato de triplas e foto grupal.
19:50 - 22:00 Fases finais do 3x3 e campionato de triplas. Nos oitavos de final os partidos son a 8 minutos, nos cuartos de final, semifinais e final os partidos son a 10 minutos.
As clasificacións e os resultados poderán seguirse a través desta mesma páxina.
Partidos do 3x3
Data: 23 de febreiro do 2026.
Horario: A partir das 15:00 horas.
Lugar: Pista central do Multiusos Fontes do Sar. Santiago de Compostela.
Desprazamento: Facilitarase un autobús de maneira gratuíta ás persoas interesadas en participar no Campionato que sexan do Campus de Lugo. Uns días antes contactaremos cos inscritos do campus de Lugo e fixaremos un lugar e hora de recollida, aproximadamente sobre as 13:00 horas.
Categorías: Feminina e masculina.
Nº de equipos: 32 por categoría. Existirá unha lista de agarda cando se cubran as prazas de cada categoría. Dependendo do número de equipos inscritos por categoría a configuración do 3x3 poderá variar.
As persoas participantes recibirán unha camiseta reversible de competición.. Foto 1 / Foto 2.
Procedemento para a inscrición o torneo 3x3:
-Todas as persoas participantes teñen que ser da Comunidade Universitaria da USC.
- A inscrición será gratuíta.
- Para poder inscribirse, todas as persoas participantes, deberán rexistrarse antes como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
- A/o capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- O nome do equipo que se inscriba terá como máximo 20 díxitos, e non poderá resultar ofensivo ou inapropiado.
- A/o capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
- No caso de non ter equipo, podes inscribirte na bolsa de xogadoras/es.
*Unha vez inscrito o equipo, os participantes e confirmado pola Área Deportiva poderán realizar a inscrición ao CAMPIONATO DE TRIPLAS nesta ligazón, soamente poderá inscribirse unha persoa por equipo.
Regulamento do I Campionato 3x3 USC-OBRADOIRO
O campionato xogarase na instalación Somos Fútbol de Conturiz, Lugo.
A duración dos partidos será determinada polo número de equipos que se inscriban na competición.
Todos os xogadores participantes terán que ser membros da comunidade universitaria.
Data e hora: 23 de abril, de 19.00 a 21.00 h.
Categoría: Única
Nº de equipos: 16 equipos por categoría.
Inscrición no campionato:
- Non existe limitación de xénero na composición dos equipos.
- A persoa capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- A persoa capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
Bases:
Este torneo disputarase con eliminación dobre, é dicir, que as parellas apuntadas que perdan en primeira rolda pasarán a xogar o “BACK DRAW”.
Competición:
En canto á modalidade de xogo (sets) estará suxeita ao número de participación xeral. En función dos inscritos, será un set a 11, 15 ou 21.
Bolsa de xogadoras/es:
No caso de estar interesada/o en inscribirte no campionato e non tes parella, podes inscribirte na bolsa de xogadoras/es.
Materiais:
A organización dispoñerá de pas e pelotas para prestar durante os encontros e/o actividades. Non é necesario adquirir material previo.
Indumentaria:
Aínda que o PICKLEBALL é un deporte versátil que nos permite practicalo con calquera indumentaria, recoméndase roupa cómoda de deporte e especial coidado nas zapatillas (evitar por favor solas negras de goma) sobre todo cando se xoga en pavillóns pechados, estes adoitan ser de chan de madeira.
O campionato xogarase no Pavillón Municipal de Lugo.
I Torneo de Xadrez Campus de Lugo
Data: 28 de outubro de 2025
Horario: A partir das 19.00 horas.
Lugar: Sala eTerra da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo
Categorías: única
Nº de xogadores: 24. Existirá unha lista de agarda cando se cubran as prazas. .
Procedemento para a inscrición o Torneo de Xadrez:
-Todas as persoas participantes teñen que ser membros da Comunidade Universitaria da USC.
Regulamento do I Torneo Xadrez do Campus de Lugo:
II Campionato de Xadrez Campus de Lugo
Data: 24 de febreiro de 2026
Horario: De 19.00 ata as 21.00 horas.
Lugar: Sala e Terra da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo
Nº de xogadores: 24. Existirá unha lista de agarda cando se cubran as prazas.
Data: 26 de marzo de 2026.
Horario: de 15:00 a 22:00 horas.
Lugar: AC Padel Lugo - Polígono do Ceao ( Rúa dos Carros 59) Lugo.
Inscrición: Gratuíta.
Categorías: Única (aberta a calquera nivel, xénero e idade)
Nº de equipos: Máximo 24 equipos.
Inscrición ao campionato:
Regulamento.
- O campionato desenvolverá a fase de grupos en horario aproximado de 15:00 a 18:00 horas e a fase final de 18:00 a 22:00 horas.
- Todos os participantes teñen que estár 15 minutos antes do comezo dos seus partidos.
- O campionato constará dunha fase de grupos e unha fase final.
- Os partidos da fase de grupos disputaranse a 9 xogos con punto de oro (con tie break a 7 puntos en caso de empate a 8 xogos).
- Os partidos da fase final son ao mellor de 3 sets con punto de oro, no caso de empate a un set, o terceiro set se xogará un super tie break a 10 puntos, nese caso para gañar o set e partido terá que ter unha diferencia de dous puntos ou máis para gañalo.
- Se algún equipo non se presenta o resultado do partido será de 9-0 no caso da fase de grupos e dobre 6-0 na fase final a favor do equipo que se presenta.
- O equipo gañador do partido, encargarase de recoller as bolas para entregarllas a organización e proporcionaralle o resultado final do partido.
Material necesario:
- Pala de pádel.