NOVA INFORMACIÓN DO 3X3
Cronogramada do día de competición:
14:30 - 15:00 Acreditación e recollida de camisetas (levar DNI)
15:00 - 19:00 Fases de grupos (pasan 4 equipos de todos os grupos ás fases finais). Nesta fase de competición os partidos son a 8 minutos.
19:00 - 19:50 Fase previa campionato de triplas e foto grupal.
19:50 - 22:00 Fases finais do 3x3 e campionato de triplas. Nos oitavos de final os partidos son a 8 minutos, nos cuartos de final, semifinais e final os partidos son a 10 minutos.
As clasificacións e os resultados poderán seguirse a través desta mesma páxina.
Partidos do 3x3
Data: 23 de febreiro do 2026.
Horario: A partir das 15:00 horas.
Lugar: Pista central do Multiusos Fontes do Sar. Santiago de Compostela.
Desprazamento: Facilitarase un autobús de maneira gratuíta ás persoas interesadas en participar no Campionato que sexan do Campus de Lugo. Uns días antes contactaremos cos inscritos do campus de Lugo e fixaremos un lugar e hora de recollida, aproximadamente sobre as 13:00 horas.
Categorías: Feminina e masculina.
Nº de equipos: 32 por categoría. Existirá unha lista de agarda cando se cubran as prazas de cada categoría. Dependendo do número de equipos inscritos por categoría a configuración do 3x3 poderá variar.
As persoas participantes recibirán unha camiseta reversible de competición.. Foto 1 / Foto 2.
Procedemento para a inscrición o torneo 3x3:
-Todas as persoas participantes teñen que ser da Comunidade Universitaria da USC.
- A inscrición será gratuíta.
- Para poder inscribirse, todas as persoas participantes, deberán rexistrarse antes como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
- A/o capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- O nome do equipo que se inscriba terá como máximo 20 díxitos, e non poderá resultar ofensivo ou inapropiado.
- A/o capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
- No caso de non ter equipo, podes inscribirte na bolsa de xogadoras/es.
*Unha vez inscrito o equipo, os participantes e confirmado pola Área Deportiva poderán realizar a inscrición ao CAMPIONATO DE TRIPLAS nesta ligazón, soamente poderá inscribirse unha persoa por equipo.
Regulamento do I Campionato 3x3 USC-OBRADOIRO
Data: 25 de marzo de 2026.
Horario: de 10:00 a 18:00 horas.
Lugar: Padelprix. Polígono de Costa Vella. Santiago de Compostela.
Inscrición: Gratuíta.
Categorías: Única (aberta a calquera nivel, xénero e idade)
Nº de equipos: Máximo 16 equipos.
Inscrición ao campionato:
- Non existe limitación de xénero na composición dos equipos.
- A persoa capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- A persoa capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
Bolsa de xogadoras/es:
No caso de estar interesada/o en inscribirte no campionato e non tes parella, podes inscribirte na bolsa de xogadoras/es.
Regulamento:
- O campionato desenvolverá a fase de grupos en horario aproximado de 10:00 a 15:00 horas e a fase final de 15:00 a 18:00 horas.
- Todos os participantes teñen que estar 15 minutos antes do comezo dos seus partidos.
- O campionato constará dunha fase de grupos e unha fase final.
- Fase de grupos: 2 grupos, un de 5 e outro de 6 equipos (configuración da fase de grupos)
- Fase final: Os dous primeiros dos grupos pasarán a unha fase final (semifinais e final)
- Os partidos da fase de grupos disputaranse a 9 xogos con punto de oro (con tie break a 7 puntos en caso de empate a 8 xogos).
- Os partidos da fase final son ao mellor de 3 sets con punto de oro, no caso de empate a un set, o terceiro set se xogará un super tie break a 10 puntos, nese caso para gañar o set e partido terá que ter unha diferencia de dous puntos ou máis para gañalo.
- Se algún equipo non se presenta o resultado do partido será de 9-0 no caso da fase de grupos e dobre 6-0 a favor do equipo que se presenta.
- Aos equipos que pasen a fanse a fase final, a organización proporcionaralles unha bolsa de pícnic, para poder continuar o campionato sen grandes interrupcións.
- O equipo gañador do partido, encargarase de recoller as bolas para entregarllas a organización e proporcionaralle o resultado final do partido.
- A configuración do torneo poderá variar en función do número de equipos inscritos.
Material necesario:
- Pala de pádel.
HORARIOS DE PARTIDOS DO CAMPIONATO
Modelo de competición (10 equipos):
Finalmente en función do número de equipos inscritos que tivemos no Campionato, o modelo de competición inicial sufre unha serie de variacións para que o Campionato quede máis atractivo posible para todas e todos os participantes.
- FASE DE LIGA: Todos os equipos competiran nunha fase única con partidos a un set de 11 puntos, os puntos fanse independentemente de quen posúa o saque nese momento. Para gañar o partido a diferencia de puntos entre os equipos terá que ser de dous puntos ata un máximo de 15 puntos, chegado o caso equipo que chegue a 15 puntos será o vencedor. Esta fase de competición constará de 9 partidos para cada equipo e determinará quen pasa as eliminatorias da categora iniciación e da categoría avanzada na que os niveis dos participantes xa estarán máis axustados.
- FASE DE ELIMINATORIAS INICIACIÓN/FASE DE ELIMNATORIAS AVANZADA: Nesta fase de competición os participantes dividiranse en 2 grupos que quedarán configurados despois da fase de liga. Os 5 primeiros participarán na fase final da categoría avanzada e os 5 últimos participaran na fase final da categoría de iniciación.
- Nesta parte da competición os partidos de cuartos de final xogaranse igual que na anterior fase, pero as semifinais e finais xogaranse ao mellor de 3 sets a 11 puntos, os puntos fanse independentemente de quen posúa o saque nese momento. Para gañar os set a diferencia de puntos terá que ser de dous puntos ata un máximo de 15 puntos, chegado o caso o equipo que faga 15 puntos será o vencedor.
- Na fase de iniciación xogarase un partido previo de cuartos entre o 9º e o 10º clasificados. As semifinais xogaranse entre o equipo gañador dese partido e o 6º e a outra semifinal a xogarán os equipos que quedaron na fase anterior 7º e 8º.
- Na fase de avanzada xogarase un partido previo de cuartos entre o 4º e o 5º clasificados. As semifinais xogaranse entre o equipo gañador dese partido e o 1º e a outra semifinal a xogarán os equipos que quedaron na fase anterior 2º e 3º.
Data: 22 de abril de 2026.
Horario: de 16:00 a 21:00 horas.
Lugar: Pista exterior de patinaxe da USC.
Categorías: Iniciación e avanzada.
Nº de equipos: 16 equipos por categoría.
Inscrición no campionato:
Materiais:
A organización dispoñerá de pas e pelotas para prestar durante os encontros e/o actividades. Non é necesario adquirir material previo.
Organiza: Área de Deportes da Universidade de Santiago de Compostela.
Data: 14 de abril de 2026
Horario: 17:00 a 19:30h.
Lugar: Complexo Deportivo do Estadio ( Avda Novoa Santos s/n ).
Inscricións: Do 22 de xaneiro ata o 9 de abril de 2026 través da web de Deportes da USC.
A inscrición será gratuíta.
Resultados
Participantes:
Procedemento para a inscrición:
Clasificación e premios
Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados.
Estación 1.
Lanzamento de Xavelina Lixeira.
Estación 2.
Salto de Altura con Axuda (Minitramp).
Estación 3.
Salto de Lonxitude
Estación 4.
Circuíto de Axilidade por Remudas.
Estación 5.
Carreira de Remudas en Parellas con Atado e globos de auga.
Estación 6.
Proba de lona deslizante con auga e xabón.
A configuración do torneo poderá variar en función do número de equipos inscritos.