Para poder adquirilo hai que pertencer á categoría A ou á Sección Deportiva USC e ser maior de 16 anos.
Para poder adquirilo hai que ser maior de idade.
Para poder adquirilo hai que ser maior de 6 anos e os menores de 14 só acompañados de persoa maior de idade.
Para poder adquirilo hai que ser maior de 6 anos e os menores de 16 anos só acompañados de persoa maior de idade.
Este abono acredita a condición de arqueiro/a federado durante a tempada deportiva, achegando a licenza federativa, e vai dirixido exclusivamente aos maiores de idade.
Válido para as actividades de práctica libre do Complexo Deportivo do Estadio de Atletismo e da Piscina, sempre que se cumpran os demais requisitos esixidos na actividade. Para poder adquirilo hai que pertencer á categoría A e ser maior de 16 anos.
Abono para acceso gratuíto ao ximnasio dos residentes da Bal e Gay.
Para poder adquir este abono hai que ser maior de idade con licenza federativa de tiro con arco en vigor e ter o abono federados de tiro con arco.
En que consiste Na práctica de actividade físico deportiva individual e autodirixida co fin de mellorar e manter unha condición física saudable. Destinatarios • Categoría A maiores de 16 anos. • Deportistas do club USC maiores de 16 anos. É imprescindible o rexistro como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
Nos meses de xuño, xullo e agosto pode acceder calquera persoa maior de 16 anos. Onde se pode facer Na Sala de Acondicionamento Físico (SAF), situada no Complexo Deportivo do Estadio de Atletismo, e no espazo anexo interior do corredor inferior habilitado como extensión desta sala. Pódese utilizar, complementariamente, na mesma sesión, a pista de atletismo e os corredores interiores, sempre que non estean reservados para outras actividades. Todos os espazos e equipamentos se deberán utilizar conforme ás súas normas de uso. Equipamento dispoñible Máquinas de cardio, forza e peso libre. Material auxiliar: colchóns, espaleiras, etc. Servizo que se ofrece A Universidade de Santiago de Compostela pón a disposición dos usuarios: • unha completa supervisión do traballo en sala; • programas estándar de adestramento que poderán atopar na sala e seguir en función dos seus intereses, elaborado por persoal técnico especializado da Fundación USC; • a posibilidade de ser instruídos polo persoal en sala no uso do equipamento e no seguimento dos programas de exercicio. Como se accede Mediante unha “reserva de uso”. A reserva de uso é unha entrada para unha data e horario concreto que as persoas usuarias deben adquirir previamente por internet. Pódense adquirir entradas soltas, bonos de 5 e 10 usos ou abonos temporais de 30 días ou de curso completo (abonos temporais só dispoñibles para categoría A e Sección Deportiva USC). Unha vez adquirido o bono ou o abono temporal deberase concretar cada reserva de uso que se queira facer. Só se pode facer 1 reserva de uso por día. O máximo de reservas de uso que se poden realizar son 3 (en canto se desfrute unha e estean 2 pendentes de uso xa se pode facer outra) e cunha antelación máxima dunha semana.
Con, polo menos, 1 hora de antelación pódense realizar cambios ou anulacións das reservas de uso, dende a conta de usuario, ou, en caso necesario, chamando por teléfono á conserxaría da instalación (881815224).
A non asistencia a unha reserva de uso, sen xustificación, conleva unha penalización de 4 días sen poder realizar unha nova reserva. A solicitude de xustificación dirixirase á Área Deportiva, mediante correo electrónico ao enderezo deporsec@usc.es, acompañando documentación xustificativa.
A reserva de uso implica a ocupación dunha praza da capacidade máxima dos espazos ou equipamentos da sala. Tempo de uso e horarios A reserva de uso farase para unha franxa de duración máxima de unha hora e media, de luns a sábado. A franxa horaria marca os límites de permanencia nas salas deportivas realizando a actividade, podéndose acceder á instalación e abandonala cunha ampliación de 15 minutos antes e despois para uso de vestiarios.
O uso dos vestiarios deberá ser áxil para facilitar a afluencia sen sobrepasar a capacidade. Pódense consultar os horarios previstos para cada época do ano mediante os botóns de "Ver cuadrante instalación" ou "Reservar sesión" na parte superior desta páxina.
Información xeral
En que consiste Na práctica de actividade físico deportiva individual e autodirixida co fin de mellorar e manter unha condición física saudable. Destinatarios • Categoría A maiores de 16 anos. É imprescindible o rexistro como persoa usuaria da Área Deportiva da USC. Onde se pode facer No ximnasio da R.U. Xesús Bal e Gay.
A instalación permanecerá aberta todas as semanas de luns a venres, excepto no mes de agosto e nas vacacións de Nadal (21/12 ata o 7/1) e Semana Santa (21/3 ata o 26/3), que é cando pecha a R.U. Xesús Bal e Gay.
Todos os espazos e equipamentos se deberán utilizar conforme ás súas normas de uso. Equipamento dispoñible Máquinas de cardio, forza e peso libre. Material auxiliar: colchóns, etc. Servizo que se ofrece A Universidade de Santiago de Compostela pón a disposición dos usuarios: • unha completa supervisión do traballo en sala; • a posibilidade de ser instruídos polo persoal en sala no uso do equipamento e no seguimento dos programas de exercicio. Como se accede Mediante unha “reserva de uso”. A reserva de uso é unha entrada para unha data e horario concreto que as persoas usuarias deben adquirir previamente por internet. Pódense adquirir entradas soltas, bonos de 5 e 10 usos ou abonos temporais de 30 días ou de curso completo. Unha vez adquirido o bono ou o abono temporal deberase concretar cada reserva de uso que se queira facer. Só se pode facer 1 reserva de uso por día. O máximo de reservas de uso que se poden realizar son 3 (en canto se desfrute unha e estean 2 pendentes de uso xa se pode facer outra) e cunha antelación máxima dunha semana.
Con, polo menos, 1 hora de antelación pódense realizar cambios ou anulacións das reservas de uso, dende a conta de usuario.
A reserva de uso implica a ocupación dunha praza da capacidade máxima dos espazos ou equipamentos da sala. Tempo de uso e horarios A reserva de uso farase para unha franxa de duración máxima de unha hora e media. A franxa horaria marca os límites de permanencia nas salas deportivas realizando a actividade, podéndose acceder á instalación e abandonala cunha ampliación de 15 minutos antes e despois para uso de vestiarios.
Importante:
Niveis xerais:
Familiarización e autosuficiencia no medio acuático.
Dominio do medio acuático.
Obxectivos xerais:
Profesorado: Fundación USC.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
En que consiste Adestramento autodirixido de artes marciais co fin de mellorar técnica e fisicamente e manter unha condición física saudable. Destinatarios
É imprescindible o rexistro como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
Onde se pode facer Na Sala de artes marciais, situada no Complexo Deportivo do Estadio de Atletismo. Todos os espazos e equipamentos se deberán utilizar conforme ás súas normas de uso. Equipamento dispoñible Tatami regulamentario homologado pola IJF, manga de rubir, saco de golpeos e boneco de entrenamento.
Como se accede Mediante unha “reserva de uso”. A reserva de uso é coma unha entrada pero para unha data e horario que as persoas usuarias deberán adquirir previamente por internet. Pódense adquirir soltas, por bonos de 5 e 10 usos e mediante un abono temporal de 30 días ou de curso completo. Unha vez adquirido o bono ou o abono temporal deberase concretar cada reserva de uso que se queira facer. Só se pode facer 1 reserva de uso por día. O máximo de reservas de uso que se poden realizar son 3 (en canto se desfrute unha e estean 2 pendentes de uso xa se pode facer outra) e cunha antelación máxima dunha semana.
A non asistencia a unha reserva de uso, sen xustificación, conleva unha penalización de 4 días sen poder realizar unha nova reserva. A solicitude de xustificación dirixirase ao Servizo de Deportes, mediante correo electrónico ao enderezo deporsec@usc.es, acompañando documentación xustificativa. A reserva de uso implica a ocupación dunha praza da capacidade máxima dos espazos ou equipamentos da sala.
Tempo de uso e horarios A reserva de uso farase para unha franxa de duración máxima de unha hora, de luns a sábado. A franxa horaria marca os límites de permanencia nas salas deportivas realizando a actividade, podéndose acceder á instalación e abandonala cunha ampliación de 15 minutos antes e despois da actividade para uso de vestiarios.
O uso dos vestiarios deberá ser áxil para facilitar a afluencia sen sobrepasar a capacidade. Os horarios concretos para cada época do ano estarán visibles ao realizar a reserva e publicados na web e nos taboleiros da instalación.
Importante: o alumnado do curso anterior pódese matricular desde o día 01 de setembro de 2026, independentemente da categoría á que pertenza.
*No grupo 2014 e anteriores avanzado o alumnado, de xeito individual, escollerá 4 días dos 5 posibles, a determinar co profesorado.
"No grupo 2014 e anteriores avanzado o profesorado confirmará ou denegará a posibilidade de inscrición da persoa interesada atendendo ao nivel deportivo da mesma. As persoas que estiveron no curso pasado no nivel avanzado recibirán confirmación por parte do administrador de maneira automática despois da comprobación da mesma para poder realizar o pago da actividade. As persoas deste grupo que non reciban confirmación deberán asistir a primeira clase previa a realización do pago da actividade para poder recibir o apto ou non apto por parte do profesor"
Mellorar a condición física xeral incrementando a resistencia, forza, velocidade e flexibilidade.
Desenvolver as habilidades técnicas das diferentes disciplinas atléticas.
Promover a práctica regular de actividade física e un estilo de vida activo
Estimular a competencia sa fomentando o espírito deportivo e o traballo en equipo.
Fomentar o traballo individual e en equipo, sempre nun clima positivo de convivencia de grupo, onde primen os valores democráticos e o xogo limpo.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 17 sesións, ver convocatoria.
En que consiste Adestramento autodirixido de atletismo e acondicionamento físico. Destinatarios • Membros da comunidade universitaria da USC. • Outros maiores de 6 anos*
*Os menores de 14 anos só acompañados de persoa maior de idade
Onde se pode facer Na pista de atletismo, corredores interiores e sala polivalente do estadio de atletismo. Todos os espazos e equipamentos se deberán utilizar conforme ás súas normas de uso.
Equipamento dispoñible
Pista de atletismo de 8 carreiros de pavimento sintético con equipamento para todas as especialidades atléticas.
Dous corredores interiores de 50 x 3,20 m aprox. con pavimento sintético adecuado para uso con zapatillas de cravos, un foso de saltos horizontais, espaleiras e bancos. Sala polivalente equipada con espaleiras, corda de rubir e barras fixas. Material específico como valos de diversos tipos, tacos de saída, artefactos de lanzamentos, balóns medicinais, pesas, etc.
Como se accede
Mediante unha “reserva de uso”.
A reserva de uso é coma unha entrada pero para unha data e horario que as persoas usuarias deberán concretar previamente por internet.
Pódense pagar soltas, por bonos de 5 e 10 usos e mediante un abono temporal de 30 días ou de curso completo. Unha vez adquirido o bono ou o abono temporal deberase concretar cada reserva de uso que se queira facer.
Pódense facer 2 reservas de uso por día como máximo.
O máximo de reservas de uso que se poden realizar son 5 (en canto se desfrute unha e estean 4 pendentes de uso xa se pode facer outra) e cunha antelación máxima dunha semana.
Pódense realizar cambios ou anulacións das reservas de uso, dende a conta de usuario. Tempo de uso e horarios
A reserva de uso farase para unha sesión de duración máxima de dúas horas, mediante a selección de ata 4 franxas consecutivas de 30 minutos.
Pódese acceder á instalación dende 15 minutos antes do horario seleccionado. O uso dos vestiarios deberá ser áxil para facilitar a afluencia sen sobrepasar a capacidade.
Os horarios concretos para cada época do ano estarán visibles ao realizar as reservas e publicados na web e nos taboleiros da instalación.
Proporcionar recursos de autodefensa para dar resposta a potenciais situacións de risco para a nosa integridade.
Aprender o uso de técnicas eficaces en función das nosas capacidades e das características de cada situación.
Ampliar o concepto de autodefensa de maneira que se considere tamén como unha disciplina que debe contemplar o emprego de técnicas para a solución de conflitos sen chegar a un enfrontamento físico.
Dar a coñecer os beneficios que reporta a práctica desta disciplina, que nos proporciona saúde e benestar, tanto a nivel físico como psíquico.
Teléfono de información: 8818 13595 Ubicación: pavillón polideportivo da USC Horarios: están dispoñibles os seguintes días e horas - Martes, mércores e venres de 19:30 a 21:30
- Xoves de 20:30 a 21:30
Pode accederse á instalación cun máximo de 15 minutos de antelación, sempre que as condicións así o permitan.
Normas de uso
Bono de 10 usos
Poderá inscribirse nas Ligas Universitarias estudantado menor de 28 anos. O responsable da tramitación en liña da inscrición do equipo é a persoa capitá.
CATEGORÍA FEMININA / CATEGORÍA MASCULINA
AVISO IMPORTANTE: debido a problemas xurdidos en tempadas anteriores, avísase a todos os equipos que A FALSIDADE DOCUMENTAL (TUI) É MOTIVO DE EXPULSIÓN DO EQUIPO
Para máis información sobre as ligas consultar a seguinte ligazón Regulamento das Ligas Universitarias da USC.
Modelo base de competición de esta modalidade (este modelo poderá sufrir variacións en función dos equipos inscritos)
*A Área Deportiva da USC resérvase o dereito de realizar calquera tipo de modificación para o bo funcionamento das Ligas
Teléfono de información: 8818 13595
Ubicación:
- Pavillón polideportivo da USC
- Pistas exteriores
Para facer reservas hai que ser usuario de deportes da USC, rexistrarse é gratuíto.
Horario no pavillón:
- ordinario de luns a venres de 08:30 a 21:30
- xuño e xullo de luns a venres de 9:30 a 14:30 e de 16:30 a 21:30
(para poder xogar no pavillón ahi que ter feita unha reserva)
Horario nas pistas exteriores:
Pode accederse á pista libremente, a calquera hora, ou garantirse o uso mediante reserva previamente realizada no horario establecido.
Horarios con dereito de reserva
- Todos os días do ano de 09:30 a 23:30, con ou sen ficha de luz.
Hai dous tipos de reserva:
- reserva gratuíta.
- reserva con ficha de luz. (para acender as luces hai que ir a reserva e premer acender luces)
PoderáN inscribirse nas Ligas Universitarias todas as persoas membros da comunidade universitaria (alumnado, PDI ou PATXAS). O responsable da tramitación en liña da inscrición do equipo é a persoa capitá.
CATEGORÍA LIBRE, non ten restricións de xénero, permitindo a participación de calquera persoa que desexe competir.
Para máis información consultar a seguinte ligazón Regulamento das Ligas Universitarias da USC.
Importante: A duración ordinaria da actividade é ata o 31 de Maio. Xuño: recuperación de clases.
Facilitar a integración do alumnado primando a interacción social, creando un grupo de traballo ameno, dinámico e comprometido.
Axudar a coñecer e mellorar as destrezas básicas desta disciplina deportiva dun xeito divertido.
Aumentar ou crear a afección polo balonmán mediante a súa práctica.
Fomentar os valores dos deportes de equipo: compañeirismo, solidariedade, respecto, etc.
Ubicación: pavillón polideportivo da USC
Horario ordinario: de luns a venres de 08:30 a 21:30
Horario xuño e xullo: de luns a venres de 9:30 a 14:30 e de 16:30 a 21:30.
O Barre Fit é unha modalidade de adestramento físico que combina elementos de ballet, pilates, ioga e adestramento funcional. Céntrase en movementos pequenos, controlados e repetitivos que desenvolven a forza, a flexibilidade, o equilibrio e a resistencia muscular, especialmente na zona central do corpo (core), os glúteos, as pernas e os brazos.
Traballar músculos específicos —sobre todo glúteos, pernas, abdome e brazos— mediante movementos pequenos e repetitivos que definen o corpo sen engadir volume.
Activar a musculatura profunda do core (abdome, pelve e lombo) para acadar unha aliñación correcta da columna e protexer a costas.
Desenvolver forza e resistencia muscular empregando o peso corporal como resistencia, coidando as articulacións e evitando lesións agresivas.
Fomentar a estabilidade, a flexibilidade e a concentración a través da fusión de técnicas de ballet, pilates e ioga
Profesorado: Monitores/as do Club Fluvial de Lugo.