Última modificación: 09 de agosto de 2023. INTRODUCIÓN Estes termos establecen o marco de condicións baixo o que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) ofrece acceso a través de internet á realización dos trámites necesarios para utilizar os servizos que presta a través da súa Área Deportiva e que se publican nas páxinas web https://www.usc.gal/gl/servizos/area/deporte e https://aplicacions.usc.es/deportes. IDADE MÍNIMA E VERACIDADE DOS DATOS A idade mínima para rexistrase neste sitio web é de 18 anos. As persoas menores desta idade deberán facelo sempre a través da conta do seu pai, nai ou titor/a legal. Unha vez cumpridos os 18 anos as contas destas persoas tuteladas desvincularanse automaticamente das dos seus titores e pasarán a operar de xeito completamente independente, nese momento recibirán uns códigos de autenticación propios. As persoas usuarias responderán da veracidade e exactitude dos datos facilitados, tanto dos propios como dos das persoas menores tuteladas, sendo responsables de comunicar calquera modificación nos mesmos, quedando a USC exenta de responsabilidade a este respecto. A USC resérvase o dereito a excluír dos servizos ofertados a toda persoa usuaria que teña facilitado datos falsos, sen prexuízo das demais accións legais que procedan. PROTECCIÓN DE DATOS De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e co Regulamento UE 2016/679, os datos recadados serán incorporados pola USC no tratamento “Usuarios de servizos da USC” coa finalidade da xestión de persoas físicas ás que a USC lles ofrece ou presta servizos non académicos.
O responsable de dito tratamento é a Universidade de Santiago de Compostela con domicilio no Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, 15782, Santiago de Compostela, correo electrónico: protecciondatos@usc.gal.
Tamén pode poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos da USC a través do enderezo electrónico dpd@usc.es.
A base de xustificación deste tratamento é o consentimento expresado polas persoas interesadas.
Non se prevén cesións nin transferencias de datos, agás ás administracións públicas con competencia na materia, clubs deportivos e federacións e institucións colaboradoras.
As persoas interesadas poden exercer ante o responsable do tratamento os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da Sede Electrónica da USC en: https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm. Para modificar ou actualizar os seus datos persoais de contacto (teléfono, correo electrónico, enderezo postal) ou de acceso (clave) deberá acceder a súa conta e entrar en “Modificar Datos Contacto” ou en “Modificar Clave Acceso” do sitio https://aplicacions.usc.es/deportes. Para cancelar a súa conta ou modificar o NIF/CIF, nome, apelidos, data de nacemento ou xénero deberá presentar, na Sede Electrónica da USC, unha solicitude segundo os “formularios para o exercicio dos dereitos ARCO” dispoñibles no sitio https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm.
Tamén pode dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que considere oportuna.
No caso de non facilitar o consentimento, os datos non serán tratados, pero non se lle poderá ofertar o servizo solicitado.
Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recollidos ou o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Cumprida a finalidade, os datos se bloquearán ou eliminarán.
A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html.
Para calquera consulta pode dirixirse a protecciondatos@usc.gal. PREZO E MODALIDADES DE PAGAMENTO O prezo a pagar pola persoa usuaria será o que estea en vigor na data na que a persoa faga a inscrición ou a compra do servizo. A USC resérvase o dereito de modificar os prezos en calquera momento, seguindo os seus procedementos establecidos, e sen outro requisito a maiores que o de indicar as ditas modificacións neste sitio web. Non obstante, estas modificacións non incidirán nas inscricións xa realizadas antes da entrada en vigor das ditas modificacións. A USC ofrece as seguintes opcións de pagamento para as compras realizadas a través desta plataforma:
POLÍTICAS DE ANULACIÓN E DEVOLUCIÓN DE IMPORTES ABOADOS Nas reservas e nas entradas, así como nas fichas de luz e secador, non procederá devolución algunha, agás que sexa por causa imputable á USC e a persoa interesada rexeite facer uso delas outro día e/ou a outra hora. A USC soamente devolverá os importes aboados:
*Causas que dan dereito á devolución:
A solicitude e a documentación acreditativa presentarase vía web accedendo á súa conta (ou desde esta á da persoa que tutele) en https://aplicacions.usc.es/deportes, no menú da esquerda, ao final do apartado “Nova operación” que debería aparecer resaltado en azul e xa despregado, hai que premer na opción “+ Nova solicitude devolución”, cubrir os campos e seguir as indicacións que aparecerán en pantalla; en caso necesario poderá facerse de xeito presencial nas oficinas da Área Deportiva da USC de 9:00 a 14:00 horas. Máis información na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/deporte. ACEPTACIÓN DOS TERMOS E CONDICIÓNS DE USO Para poder utilizar os nosos servizos, deberá aceptar previamente estes Termos e Condicións de Uso. A USC entende que a aceptación destes Termos e Condicións de Uso constitúe tamén a aceptación por parte da persoa usuaria dos Regulamentos e Normativas da Área Deportiva da USC que lle sexan de aplicación. CAMBIOS NOS TERMOS E CONDICIÓNS DE USO A USC resérvase o dereito a realizar modificacións nos Termos e Condicións en calquera momento. Por tal motivo, vostede deberá revisar os Termos e Condicións regularmente para comprobar as ditas modificacións. A versión modificada dos Termos e Condicións será publicada en https://aplicacions.usc.es/deportes.