NOVA INFORMACIÓN DO 3X3
Cronogramada do día de competición:
14:30 - 15:00 Acreditación e recollida de camisetas (levar DNI)
15:00 - 19:00 Fases de grupos (pasan 4 equipos de todos os grupos ás fases finais). Nesta fase de competición os partidos son a 8 minutos.
19:00 - 19:50 Fase previa campionato de triplas e foto grupal.
19:50 - 22:00 Fases finais do 3x3 e campionato de triplas. Nos oitavos de final os partidos son a 8 minutos, nos cuartos de final, semifinais e final os partidos son a 10 minutos.
As clasificacións e os resultados poderán seguirse a través desta mesma páxina.
Partidos do 3x3
Data: 23 de febreiro do 2026.
Horario: A partir das 15:00 horas.
Lugar: Pista central do Multiusos Fontes do Sar. Santiago de Compostela.
Desprazamento: Facilitarase un autobús de maneira gratuíta ás persoas interesadas en participar no Campionato que sexan do Campus de Lugo. Uns días antes contactaremos cos inscritos do campus de Lugo e fixaremos un lugar e hora de recollida, aproximadamente sobre as 13:00 horas.
Categorías: Feminina e masculina.
Nº de equipos: 32 por categoría. Existirá unha lista de agarda cando se cubran as prazas de cada categoría. Dependendo do número de equipos inscritos por categoría a configuración do 3x3 poderá variar.
As persoas participantes recibirán unha camiseta reversible de competición.. Foto 1 / Foto 2.
Procedemento para a inscrición o torneo 3x3:
-Todas as persoas participantes teñen que ser da Comunidade Universitaria da USC.
- A inscrición será gratuíta.
- Para poder inscribirse, todas as persoas participantes, deberán rexistrarse antes como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
- A/o capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- O nome do equipo que se inscriba terá como máximo 20 díxitos, e non poderá resultar ofensivo ou inapropiado.
- A/o capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
- No caso de non ter equipo, podes inscribirte na bolsa de xogadoras/es.
*Unha vez inscrito o equipo, os participantes e confirmado pola Área Deportiva poderán realizar a inscrición ao CAMPIONATO DE TRIPLAS nesta ligazón, soamente poderá inscribirse unha persoa por equipo.
Regulamento do I Campionato 3x3 USC-OBRADOIRO
Poderá inscribirse nas Ligas Universitarias todas as persoas membros da comunidade universitaria (alumnado, PDI ou PATXAS). O responsable da tramitación en liña da inscrición do equipo é a persoa capitá.
CATEGORÍA FEMININA / CATEGORÍA MASCULINA
AVISO IMPORTANTE: debido a problemas xurdidos en tempadas anteriores, avísase a todos os equipos que A FALSIDADE DOCUMENTAL (TUI) É MOTIVO DE EXPULSIÓN DO EQUIPO
Para máis información sobre as ligas consultar a seguinte ligazón Regulamento das Ligas Universitarias da USC.
Modelo de competición liga BALONCESTO 25-26
*A Área Deportiva da USC resérvase o dereito de realizar calquera tipo de modificación para o bo funcionamento das Ligas
CATEGORÍA LIBRE, non ten restricións de xénero, permitindo a participación de calquera persoa que desexe competir.
Para máis información consultar a seguinte ligazón Regulamento das Ligas Universitarias da USC.
Datas: 17 de marzo
Horario: A partir das 16:00 horas.
Lugar: Aulas 14 e 15 de Facultade de Dereito.
Categorías: Con ELO e sen ELO
Grupo con ELO: Este torneo será válido para elo fide e poderán participar tando xogadores con ELo Fide como sen Elo fide que estean federados.
Os que non estean federado e queiran federase poden facelo a través da nosa páxina. Resultados e clasificación
Grupo sen ELO: poden participar todos os que queiran teñan ou non teñan elo. Resultados e clasificación
Máximo de xogadores/as: na categoría con ELO 30 na sen ELO 20
Existirá unha lista de agarda cando se cubran as prazas.
Poden inscribirse os membros da comunidade universitaria de Santiago e Lugo
Procedemento para a inscrición no Campionato de Xadrez:
-Todas as persoas participantes teñen que ser membros da Comunidade Universitaria da USC ou/e da Sección Deportiva USC e/ou da escola de xadrez.
- Para poder inscribirse, deberán estar rexistrados ou rexistrarse antes como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
Regulamento do I Campionato Xadrez do Campus de Santiago:
Organiza: USC.
Lugar: Anexo ao Pazo Provincial.
Regulamento: Boletín 2
A primeira xornada - Universidade de Santiago de Compostela coa Universidade da Coruña ás 10:00 horas.
A segunda xornada - Universidade perdedora do primeiro partido coa Universidad de Vigo ás 11:30 horas
A terceira xornada - Universidade gañadora do primeiro partido coa Universidade de Vigo ás 13:00 horas.
Lugar: Casa do Deporte.
Lugar: Campo Municipal de As Gándaras.
Lugar: Pavillón O Palomar.
Lugar: Zona Deportiva de San Fiz.
A primeira xornada - Universidade de Santiago de Compostela coa Universidade da Coruña ás 10:00 horas na categoría masculina e ás 10:40 horas na categoría feminina.
A segunda xornada - Universidade perdedora do primeiro partido coa Universidad de Vigo ás 11:20 horas na categoría masculina e ás 12:00 horas na categoría feminina.
A terceira xornada - Universidade gañadora do primeiro partido coa Universidade de Vigo ás 12:40 horas na categoría masculina e ás 13:20 horas no na categoría feminina.
Cambios de última hora no regulamento de rugby categoría masculina. Debido a que UDC non se presenta o non ter o mínimo de xogadores necesarios para competir, xogarase dous partidos entre as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela ás 11:20 e ás 12:40, no caso de empate a puntos na clasificación, mirarase o rugby-average, de persistir o empate o gañador do segundo partido será o gañador da competeción
Lugar: Pavillón Municipal de Deportes
Galería fotográfica
Clasificacións Xerais:
oderá inscribirse nas Ligas Universitarias todas as persoas membros da comunidade universitaria (alumnado, PDI ou PATXAS). O responsable da tramitación en liña da inscrición do equipo é a persoa capitá.
*A Área Deportiva da USC resérvase o dereito de realizar calquera tipo de modificación para o bo funcionamento das ligas.
Modelo de Competición FÚTBOL7 25-26
Modelo de competición FÚTBOL SALA 25-26
O campionato xogarase na instalación Somos Fútbol de Conturiz, Lugo.
A duración dos partidos será determinada polo número de equipos que se inscriban na competición.
Todos os xogadores participantes terán que ser membros da comunidade universitaria.
Data e hora: 23 de abril, de 19.00 a 21.00 h.
Categoría: Única
Nº de equipos: 16 equipos por categoría.
Inscrición no campionato:
- Non existe limitación de xénero na composición dos equipos.
- A persoa capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- A persoa capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
Bases:
Este torneo disputarase con eliminación dobre, é dicir, que as parellas apuntadas que perdan en primeira rolda pasarán a xogar o “BACK DRAW”.
Competición:
En canto á modalidade de xogo (sets) estará suxeita ao número de participación xeral. En función dos inscritos, será un set a 11, 15 ou 21.
Bolsa de xogadoras/es:
No caso de estar interesada/o en inscribirte no campionato e non tes parella, podes inscribirte na bolsa de xogadoras/es.
Materiais:
A organización dispoñerá de pas e pelotas para prestar durante os encontros e/o actividades. Non é necesario adquirir material previo.
Indumentaria:
Aínda que o PICKLEBALL é un deporte versátil que nos permite practicalo con calquera indumentaria, recoméndase roupa cómoda de deporte e especial coidado nas zapatillas (evitar por favor solas negras de goma) sobre todo cando se xoga en pavillóns pechados, estes adoitan ser de chan de madeira.
Data: 25 de marzo de 2026.
Horario: de 10:00 a 18:00 horas.
Lugar: Padelprix. Polígono de Costa Vella. Santiago de Compostela.
Inscrición: Gratuíta.
Categorías: Única (aberta a calquera nivel, xénero e idade)
Nº de equipos: Máximo 16 equipos.
Inscrición ao campionato:
Regulamento:
- O campionato desenvolverá a fase de grupos en horario aproximado de 10:00 a 15:00 horas e a fase final de 15:00 a 18:00 horas.
- Todos os participantes teñen que estar 15 minutos antes do comezo dos seus partidos.
- O campionato constará dunha fase de grupos e unha fase final.
- Fase de grupos: 2 grupos, un de 5 e outro de 6 equipos (configuración da fase de grupos)
- Fase final: Os dous primeiros dos grupos pasarán a unha fase final (semifinais e final)
- Os partidos da fase de grupos disputaranse a 9 xogos con punto de oro (con tie break a 7 puntos en caso de empate a 8 xogos).
- Os partidos da fase final son ao mellor de 3 sets con punto de oro, no caso de empate a un set, o terceiro set se xogará un super tie break a 10 puntos, nese caso para gañar o set e partido terá que ter unha diferencia de dous puntos ou máis para gañalo.
- Se algún equipo non se presenta o resultado do partido será de 9-0 no caso da fase de grupos e dobre 6-0 a favor do equipo que se presenta.
- Aos equipos que pasen a fanse a fase final, a organización proporcionaralles unha bolsa de pícnic, para poder continuar o campionato sen grandes interrupcións.
- O equipo gañador do partido, encargarase de recoller as bolas para entregarllas a organización e proporcionaralle o resultado final do partido.
- A configuración do torneo poderá variar en función do número de equipos inscritos.
Material necesario:
- Pala de pádel.
Data: 22 de abril de 2026.
Horario: de 16:00 a 21:00 horas.
Lugar: Pista exterior de patinaxe da USC.
Categorías: Iniciación e avanzada.
Modelo de competición:
A determinar en función das persoas inscritas.
Organiza: Área de Deportes da Universidade de Santiago de Compostela.
Data: 14 de abril de 2026
Horario: 17:00 a 19:30h.
Lugar: Complexo Deportivo do Estadio ( Avda Novoa Santos s/n ).
Inscricións: Do 22 de xaneiro ata o 6 de abril de 2026 través da web de Deportes da USC.
A inscrición será gratuíta.
Participantes:
Procedemento para a inscrición:
Clasificación e premios
Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados.
Estación 1.
Lanzamento de Xavelina Lixeira.
Estación 2.
Salto de Altura con Axuda (Minitramp).
Estación 3.
Salto de Lonxitude
Estación 4.
Circuíto de Axilidade por Remudas.
Estación 5.
Carreira de Remudas en Parellas con Atado e globos de auga.
Estación 6.
Proba de lona deslizante con auga e xabón.
A configuración do torneo poderá variar en función do número de equipos inscritos.
II Campionato de Xadrez Campus de Lugo
Data: 24 de febreiro de 2026
Horario: De 19.00 ata as 21.00 horas.
Lugar: Sala e Terra da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo
Categorías: única
Nº de xogadores: 24. Existirá unha lista de agarda cando se cubran as prazas.
Procedemento para a inscrición o Torneo de Xadrez:
-Todas as persoas participantes teñen que ser membros da Comunidade Universitaria da USC.
Regulamento do I Torneo Xadrez do Campus de Lugo:
Data: 26 de marzo de 2026.
Horario: de 15:00 a 22:00 horas.
Lugar: AC Padel Lugo - Polígono do Ceao ( Rúa dos Carros 59) Lugo.
Nº de equipos: Máximo 24 equipos.
Regulamento.
- O campionato desenvolverá a fase de grupos en horario aproximado de 15:00 a 18:00 horas e a fase final de 18:00 a 22:00 horas.
- Todos os participantes teñen que estár 15 minutos antes do comezo dos seus partidos.
- Se algún equipo non se presenta o resultado do partido será de 9-0 no caso da fase de grupos e dobre 6-0 na fase final a favor do equipo que se presenta.
Período de realización: Dende o 10 de febreiro ata o 10 de maio.
Horario dos partidos: dende as 08.00 ata as 24.00 horas.
Lugar: AC Pádel Lugo - Polígono do Ceao ( Rúa dos Carros 59) Lugo.
Inscrición: Gratuíta
- Todas as persoas participantes teñen que ser da Comunidade Universitaria da USC.
- Todos os participantes teñen que estar inscritos na aplicación de pádel PLAYTOMIC
- Dependendo dos equipos que se inscriban, desenvolverase un campionato intentando que se xoguen o máximo de partidos posible e o máximo de tempo. O sistema publicarase o día seguinte o remate de inscrición dos equipos.
- Os partidos desenvolveranse o mellor de tres sets, para o cal tedes que facer unha reserva de hora e media de instalación.
- Se algún equipo non se presenta, o resultado do partido será de 2-0 a favor do equipo presente na pista, nas dúas primeiras fases.
- Os capitáns dos equipos, serán os encargados de poñerse de acordo para celebrar o partido de cada semana e reservar a pista en AC Pádel . O calendario será mandado cada semana pola Área Deportiva da USC os capitáns dos equipos.
- O importe a pagar pola instalación por cada partido de hora e media é o seguinte:
De luns a venres de 08.00 ata as 09.30 h., 0 €/pista.
De luns a venres de 09.30 ata as 17.00 h., 0 €/pista.
De luns a venres de 17.00 ata as 22.00 h., 16 €/pista.
De luns a venres de 22.00 ata as 00.00 h., 13 €/pista.
Os fins de semana, o prezo é de 9 €/pista.
- Pala de pádel e bolas para xogar.
Período de realización: Dende o 16 de febreiro ata o 10 de maio.
Lugar: Pistas de tenis do Palomar, reservas no teléfono 680 560 148 polas tardes.
- O torneo celebrarase en dúas fases, unha en grupos de catro xogadores que se enfrontarán en sistema de liga, e a segunda fase será eliminatoria.
- Os xogadores terán que poñerse de acordo no horario para xogar o partido dentro de esa semana, reservando eles a instalación no teléfono 680 560 148 en horario de tarde.
- O calendario sairá publicado unha vez se peche o prazo de inscrición.
- Todos os xogadores teñen que ser membros da comunidade universitaria e teñen que estar inscritos na aplicación de deportes da USC.
- Os xogadores teñen que levar as pelotas e as raquetas para poder xogar.
- Os partidos serán o mellor de tres sets.
Destinatarios: alumnado maior de 18 anos.
Carácter: voluntario.
Contidos:
1ªFASE. FORMATO LIGA (inicio 16 febreiro- remate aproximado 18 de maio )
Os partidos e a puntuación, disputarase 1 partido por semana, aprazable por causa debidamente xustificada (no calendario indicarase o día que comeza a semana na que debe disputarse o partido; o alumnado que acumule máis de 2 semanas de retraso sen causa xustificada será dado de baixa; os retrasos xustificados de máis de 15 minutos suporán a perda do partido e os retrasos inxustificados descontarán 5 puntos na clasificación).
Os partidos disputaranse a 9 xogos (con tie break a 7 puntos en caso de empate a 8 xogos).
Cada partido gañado sumará 3 puntos para a clasificación xeral e por cada 10 xogos a favor engadiranse 2 puntos extra.
Pasan a fase final, os 4 primeiros da categorías individual masculino e feminino.
Na categoría de parellas, pasan directamente á final os primeiros e segundos da liga
Os resultados e a clasificación xeral publicaranse na aplicación da Área Deportiva da USC (tamén poderase acceder a eles a través da súa páxina web).
FASE FINAL ELIMINATORIA
As semifinais e finais celebraranse os días 6-7 de Xuño.
Os partidos de semifinais das categorías individual masculino e feminino, disputaranse a 9 xogos (con super tie break en caso de empate a 8 xogos) enfrontando 1º vs 4º e 2º vs 3º.
Nas finais os partidos disputaranse a 3 sets (super tie break no terceiro).
Obxectivos xerais:
Profesorado: Fundación USC.
A Área Deportiva da USC resérvase o dereito de realizar calquera tipo de modificación para un funcionamento correcto da competición.