Destinatarios/as: persoas inscritas na Escola de aprendizaxe de tenis con matrícula en vigor.
Carácter: voluntario.
Contido: o módulo de prácticas desenvolverase mediante un sistema de eliminatorias, agás nas modalidades de minitenis e nalgún grupo no que non se acade o número mínimo de inscritos/as para facelo deste xeito.
Obxectivos xerais:
Profesorado: Fundación USC.
Categorías e sistema de xogo:
Xornada de mañá
Sistema de Xogo: será por liga e fase final (partido de 10 minutos como máximo) que se disputará o domingo, 4 de xaneiro.
Sistema de Xogo: partidos disputaranse a 6 xogos con tie break a 7 puntos en caso de empate a 6 xogos.
Sistema de Xogo: partidos a 9 xogos con tie break a 7 puntos en caso de empate a 8 xogos.
Xornada de tarde:
Puntuación:
Cada partido gañado sumará 2 puntos para a clasificación xeral.
En caso de empate, decidirase pola diferencia de xogos.
Os dous primeiros de cada grupo clasificaranse para a fase final do módulo.
Publicación dos partidos: o día 20 de decembro.
Resultados e clasificación: na aplicación da Área Deportiva da USC, na súa páxina web e no taboleiro de anuncios das pistas de tenis.
Recoñecemento da participación: o día 4 de xaneiro ás 14 h nas pistas de tenis 1 e 2, no acto de clausura deste módulo de prácticas, entregaráselle unha medalla conmemorativa a cada participante e trofeo aos dous primeiros.