En que consiste Adestramento dirixido por monitorado cualificado de tiro con arco en sala.
Destinatarios • Membros da comunidade universitaria con licenza novel que participaran nas Xornadas de iniciación ao tiro con arco no ano 2025. É imprescindible o rexistro como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
Onde se pode facer No corredor superior do estadio de atletismo.
Ponse a disposición dos usuarios o material deportivo necesario. Todos os espazos e equipamentos se deberán utilizar conforme ás súas normas de uso.
Como se accede Mediante unha “entrada”. A entrada suporá unha reserva de praza no adestramento dunha data e horario concreto que as persoas usuarias deberán adquirir previamente por internet, cunha antelación máxima dunha semana.
Con, polo menos, 1 hora de antelación pódense realizar cambios ou anulacións, dende a conta de usuario, ou, en caso necesario, chamando por teléfono á conserxaría da instalación (881815224).
Tempo de uso e horarios A sesión terá unha duración máxima de unha hora e tres cuartos. A franxa horaria marca os límites de permanencia nas salas deportivas realizando a actividade.
O acceso á sala deberase realizar nos primeiros dez minutos da sesión.
Os horarios concretos para cada época do ano estarán visibles ao realizar a reserva.
Ver aquí.