Datas: Do 24 ao 28 de marzo do 2027.
Lugar: Aguilar de Campoo.
Aloxamento: Hotel Marqués de Aguilar*** en réxime de media pensión con almorzo tipo bufete e as ceas son tipo menú no restaurante externo "La Casona" a 300 metros do Hotel, nelas está incluída a bebida (auga, viño da casa e gasosa). As habitacións poden ser dobres ou individuais (individual baixo petición previa).
Hora e lugar de saída: 6:00 horas, diante da Piscina Universitaria posteriormente ás 7:30 horas na rotonda da Facultade de Veterinaria de Lugo.
Hora e lugar de regreso: Aproximadamente ás 20:00 horas en Lugo e ás 21:30 horas diante da Piscina Universitaria en Santiago.
Actividades que faremos (Actualizado 18-11-2026)
Mapas e mides publicados no apartado de arquivos (Actualizado 18-11-2026)
Información importante
É necesario estar en posesión de licenza federativa de montañismo (mínimo tipo "B").
O número mínimo de inscritos para poder facer a actividade é de 22 persoas.
Hotel:
Se algunha persoa está interesada na opción de habitación individual, terá que poñerse previamente en contacto a través dun correo electrónico con alejandro.malvido@usc.es para consultar a posibilidade de esta opción.
Aclaracións:
As rutas son de dificultade media, hai que ter un bo estado de forma e estar habituado á práctica do sendeirismo.
A programación sempre pode sufrir variacións se as condicións atmosféricas ou imprevistos de calquera outro tipo así o requirisen.
No caso de precisar facer calquera consulta antes de inscribirse na actividade, pode facelo escribindo a victor.fidalgo@fundacionusc.gal
Lista de agarda:
En caso de cubrirse todas as prazas dispoñibles, as persoas interesadas poderán inscribirse na lista de agarda para cubrir posibles baixas.
Pagos:
A actividade ten dous pagos ao Área Deportiva e dous pagos á axencia.
Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Nota: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
IMPORTANTE: O pago a Área Deportiva está fraccionado en 2 prazos.
O mínimo de persoas inscritas para poder facer a ruta é de 22.
*1º Prazo de pago para a reserva de praza na actividade: É do 9 de novembro ao 15 de novembro do 2026 para membros da categoría A e bonos, e do 16 novembro ao 2 de decembro do 2026 para todas as categorías.
*2 Prazo de pago: É do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro 2027.
IMPORTANTE: O pago a Viaxes Galitur está fraccionado en 2 prazos.
Cubrindo o mínimo de prazas necesarias para que a ruta sexa viable, a Área Deportiva contactará a través dun correo electrónico coas persoas inscritas o día 3 de decembro do 2026 para proceder ao 1º pago con Galitur.
*1º Prazo de pago para a reserva de praza na actividade: É do 4 ao 10 de decembro do 2026, despois da recepción do correo electrónico.
*2º Prazo de pago: É do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro 2027.
* Se algunha persoa está interesada en facer o pago único do importe total de Viaxes Galitur e non facer 2 pagos, tería que facelo 19 ao 26 de novembro do 2026.
*1º Prazo de pago (reserva da praza): 9 de novembro ao 2 de decembro do 2026 - 150€
*2 Prazo de pago: do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro 2027 - O correspondente á táboa en función da categoría e número de bonos usados.
O importe total son 305€ en habitación dobre ou 474€ en habitación individual.
*1º Prazo de pago (reserva da praza): do 4 ao 10 de decembro do 2026 - 150€ en habitación dobre ou 235€ en habitación individual.
*2º Prazo de pago: do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro 2027 - 155€ en habitación dobre ou 239€ en habitación individual.
* Ingresar na seguinte conta bancaria: IBAN ES23 2080 5155 9430 4006 4173 (ABANCA)
* Titular: Viajes Galitur SL
* Concepto de transferencia: 2600362 - NOME E APELIDOS da persoa inscrita.
Políticas de cancelación:
* Devolución do importe pagado a Área deportiva:
- Ata o 24 de febreiro, será posible solicitar a devolución sempre e cando non implique a anulación da ruta por ser menos de 22 persoas.
- Despois do 24 de febreiro non se admitirán anulacións excepto que a praza a anular poida ser cuberta por algunha persoa da lista de agarda (se a houbera).
- Se hai unha anulación con causa xustificada despois do 24 de febreiro e seguen sendo 22 ou máis persoas e non se cubre a praza vacante, poderase devolver a parte dos gastos non facturados á USC.
* Gastos coa axencia por cancelación voluntaria:
- Cancelación sen cargo: Ata o 24 de febreiro.
- Cancelación con cargo: Cancelacións entre os 31 e 15 días anteriores á saída: 50% do importe do viaxe.
- Cancelación con cargo: Cancelacións con menos de 15 días anteriores á saída: 100% do importe do viaxe.
+ Os gastos da Área Deportiva corresponden aos gastos xerados pola propia organización da ruta (desprazamentos, guías,...)
+ Os gasto da Axencia corresponden a estancia de 4 noites no Hotel Marqués de Aguilar*** en réxime de media pensión (almorzo e cea) coas taxas incluídas, as ceas son tipo menú no restaurante externo "La Casona" que se encontra a 300 metros do hotel e teñen incluída a bebida (auga, viño da casa e gasosa).
Ver aquí.