Información importante É necesario estar en posesión de licenza federativa de montañismo (mínimo tipo "B"), de non ser así, é obrigatoria a contratación dun seguro de día (custo 5 Euros), que se pode adquirir a través da aplicación da Área Deportiva na ligazón: Seguro
Hora e lugar de saída:
Hora de finalización:
Lonxitude: 23,6 km Desnivel: medio-alto Dificultade: media-alta
O monte das lampas atópase no Courel, entre o val do río Lor e o val do río Louzarela. É un cumio relativamente modesto, acada os 1496 m de altitude, e conforma un marabilloso miradoiro de toda a serra e gran parte da comarca. A ruta comeza no alto do Poio e pasa por pequenas aldeas e zonas de prados así como bosques que contan cun bo estado de conservación. Os camiños en xeral son bos aínda que si chovera nos días anteriores pode haber lama. A dificultade ven dada principalmente pola lonxitude da ruta e o desnivel. En principio faremos un percorrido de ida e volta, pero se se dan as circunstancias ao mellor ao regreso faremos unha variante diferente ao camiño de ida.
O desprazamento neste caso farase en microbús, debido a que os accesos non permiten facelo doutra maneira, como consecuencia diso o número de prazas ofertadas será de 23, en vez das 30 inicialmente previstas.
E imprescindible ter unha boa condición física para poder realizar sen dificultades as distancias e desniveis sinalados
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas ou roteiros, cun mínimo de 4 rutas de 1 día e máximo de 2 roteiros, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Ver aquí.