Información importante
É necesario estar en posesión de licenza federativa de montañismo (mínimo tipo "B"), de non ser así, é obrigatoria a contratación dun seguro de día (custo 5 Euros), que se pode adquirir a través da aplicación da Área Deportiva na ligazón: Seguro Hora e lugar de saída:
Hora de finalización:
Lonxitude: 22,6 km Desnivel: baixo Dificultade: media
A ruta proposta nesta xornada consiste en facer camiñando todo o perímetro da illa de Arousa. É un percorrido relativamente sinxelo, aínda que hai que ter en conta a súa lonxitude. Visitamos todos os puntos de interese da illa, como son o porto de Xufre, a punta do Cabalo, O Carreirón, etc... así como numerosas praias e con vistas constantes á ría. O tipo de camiño é variado, hai tramos de asfalto, pistas e sendeiros.
Os máis aventureiros terán a opción de facer unha actividade de kaiak pola mañá. Esta durará unhas dúas horas e media. Comezará preto da praia do Mallón, e será un fermoso percorrido polas proximidades da costa oeste da illa. Ao rematar tamén farán unha breve ruta de sendeirismo pola illa, de unhas 2 ou 3 horas de duración (dependendo da actividade de kaiak). O prezo da actividade de kaiak é de 24 € por persoa que se aboarán alí. O pago ten que ser en efectivo. Hai que levar traxe de baño e toalla (e a roupa para cambiarse despois e facer a ruta), e tamén algún tipo de calzado que se poda mollar.
Se a actividade de kaiak no se cubrisen os mínimos por non ter demanda suficiente, as prazas ofertadas pasarán a oferta de sendeirismo.
Política de anulación e devolución de importes aboados: A USC soamente devolverá o importe aboado por baixa solicitada antes do penúltimo día hábil anterior á ruta (mércores ata as 23:59 h.)
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas ou roteiros, cun mínimo de 4 rutas de 1 día e máximo de 2 roteiros, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Ver aquí.