Información importante
Hora e lugar de comezo da actividade: ás 16:00, na Ponte Romana
Hora e lugar de remate da actividade: ás 19:30, na Ponte Romana
Lonxitude: 10,5 km Desnivel: baixo Dificultade: baixa
O percorrido nos leva por un dos tramos máis interesantes o río Miño. Veremos uns estupendos bosques de ribeira e carballeiras ao longo da ruta, así como interesantes mostras de patrimonio: a Ponte, o conxunto de San Lázaro e algún caneiro. É unha ruta circular polo que comezamos pola marxe dereita do río e regresamos pola esquerda.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas ou roteiros, cun mínimo de 4 rutas de 1 día e máximo de 2 roteiros, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Ver aquí.