Información importante
Mércores 7. Roteiro por Compostela. Río Sarela. Visita ao Museo de Historia Natural
Hora e lugar de saída: ás 16:00 diante da piscina universitaria.
Hora de remate: ás 19:00 aproximadamente no Museo de Historia Natural.
Lonxitude: 7 km Desnivel: baixo Dificultade: baixa
Comezamos a ruta dirixíndonos cara a capela do Carme á beira do río Sarela, e atravesamos o parque de Galeras remontando o curso do río. A idea é chegar ata O Romaño e logo regresar para facer a visita ao Museo. Durante o percorrido gozaremos dos estupendos bosques de ribeira que hai ao longo do río e as fermosas paisaxes que conforman.
A ruta pode levar unhas 2 horas, sobre as 18:00 estaremos no museo para facer a visita, e sobre las 19:00 daremos por rematada a actividade. A visita ao museo é de balde.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas ou roteiros, cun mínimo de 4 rutas de 1 día e máximo de 2 roteiros, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Ver aquí.