Organizan: Área Deportiva USC e Club Arqueiros de Santiago.
Destinatarios: Todas as persoas participantes teñen que ser membros da Comunidade Universitaria da USC.
Lugar: No corredor superior do Complexo Deportivo do Estadio.
Inscrición: A inscrición na actividade non terá custo, o prezo que terán que asumir as persoas interesadas é custo da licenza anual de arqueiro novel. (explicación no apartado de procedemento de inscrición)
Material: Facilitarase por parte da organización.
Descrición e desenvolvemento:
- 15 prazas ofertadas por quenda.
- Listaxe de agarda activo.
- Actividade formativa composta de 4 sesións dunha duración de sesión de iniciación de 1 hora e 45 minutos, seguindo unha progresión técnica secuencial.
- Cada sesión introduce un novo elemento do xesto de tiro e consolida as aprendizaxes da sesión anterior mediante repaso e práctica progresiva, ata culminar nun simulacro de competición. Programa.
Procedemento de inscrición:
- Para poder inscribirse, todas as persoas participantes, deberán rexistrarse antes como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
- A continuación, proceder a inscribirse no módulo no que esté interesado/a.
- Tramitación da licencia novel da Federación Galega de Tiro con Arco a través do Club Arqueiros de Santiago:
* Encher o formulario adxunto preferentemente de forma dixital. Formulario
* Firmalo de forma dixital ou en caso de firma manuscrita escanealo posteriormente para o seu envío en formato PDF.
* Facer o ingreso de 10 euros na conta bancaria do Club Arqueiros de Santiago ES52 0049 7758 1120 1006 6080 co concepto de Licencia USC - Nome e Apelidos.
* Enviar xustificante de pago e formulario á dirección de correo arqueirosdesantiago@gmail.com poñendo no asunto: Licenza USC - Nome e Apelidos dende o correo que figure no formulario.
* Remitiranse as instrucións para aceptar as cláusulas de protección de datos e activar a licenza dende o portal da Federación Española: https://federados.rfeta.es/login
* Este último paso debe de realizarse na maior brevidade posible dende que se recibe o correo, sendo necesaria a aceptación da protección de datos para a emisión da licenza e acceso ao curso.
* As licenzas serán emitidas pola RFETA en formato dixital.
* A licenza ten validez por tempada, dende o 1 de outubro do 2026 ata o 30 de setembro de 2027, soamente serve para adestrar coa supervisión dun monitor titulado.
* Unha vez finalizado o módulo de iniciación as persoas interesadas terán posibilidade de seguir practicando este deporte a través do Club Arqueiros de Santiago nas instalacións da USC, en horarios que se comunicarán posteriormente.
+ Calquera persoa da Comunidade Universitaria USC que teña unha licenza de tiro con arco activa e queira participar en calquera dos módulos, non terá que facer o abono da licenza. O procedemento de darse este caso sería, contactar co correo arqueirosdesantiago@gmail.com e informar que xa está en disposición dunha licenza de tiro con arco.