Información importante
É necesario estar en posesión de licenza federativa de montañismo (mínimo tipo "B"), de non ser así, é obrigatoria a contratación dun seguro de día (custo 5 Euros), que se pode adquirir a través da aplicación da Área Deportiva na ligazón: Seguro
Hora e lugar de saída:
Hora de finalización:
Lonxitude: 17,1 km Desnivel: medio Dificultade: media
Política de anulación e devolución de importes aboados: A USC soamente devolverá o importe aboado por baixa solicitada antes do penúltimo día hábil anterior á ruta (mércores ata as 23:59 h.)
O Programa Costa Cantábrica e un conxunto de tres rutas de sendeirismo que faremos na costa asturiana, entre o cabo de San Agustín no concello de Coaña e Ribadeo.
A ruta comeza no mesmo faro de San Agustín, no concello de Coaña, moi preto de Navia. O percorrido vai en dirección oeste e vai case todo o rato en paralelo á costa. Preto do inicio pasaremos polo fermoso pobo de Ortigueira, mais adiante pasa por outros como Medal, Lloza e Castello. A paisaxe do percorrido é moi fermosa e alterna estas poboacións con paisaxes rurais, gandeiros e costeiros. Pasaremos por varias praias de cantos rodados entre abruptos cantís. O trazado do noso percorrido coincide co GR AS19, a senda costeira de Asturias. Os camiños son moi cómodos, salvo algún punto concreto. Hai moitos tramos que van por pista de asfalto. O desnivel concéntrase en tramos curtos de forte pendente, nos puntos de acceso e saída das praias.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas ou roteiros, cun mínimo de 4 rutas de 1 día e máximo de 2 roteiros, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Ver aquí.