Calendario da actividade por períodos:
- 1º período do 14 de setembro ao 29 de novembro. - 2º período do 30 de novembro ao 7 de marzo. - 3º período do 8 de marzo ao 31 de maio. - 4º período (xuño mensual) do 1 de xuño ao 30 de xuño.
Ver aquí.
O Body Pump é unha clase de fitness en grupo dirixida por un instructor/a. Combina exercicios de forza e resistencia con series de moitas repeticións usando barras e discos de peso. Todo o adestramento realízase ao ritmos da música, co obxetivo de tonificar todo o corpo.
Obxectivos xerais:
Tonificar e dar forma aos músculos sen buscar un volume extremo.
Queimar calorías durante e despois da sesión
Mellorar a resistencia e a forza en xeral
Coidar os ósos e mellorar a postura corporal
Profesorado: Monitores do Club Fluvial de Lugo.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.