Calendario da actividade por períodos:
- 1º período do 14 de setembro ao 29 de novembro. - 2º período do 30 de novembro ao 7 de marzo. - 3º período do 8 de marzo ao 31 de maio. - 4º período (xuño mensual) do 1 de xuño ao 30 de xuño.
Ver aquí.
Programa de exercicios que traballan a musculatura, resistencia e flexibilidade mediante o control da respiración e da mente.
Obxectivos Xerais:
- Fortalecer os músculos de todo o corpo.
- Fortalecer o núcleo (ou core), que é o centro de gravidade e apoio do corpo.
- Controlar a respiración de forma consciente durante os exercicios.
- Reeducar a postura corporal para corrixir malos hábitos e aliviar dores de costas.
- Conseguir fluidez nos movementos con menor tensión muscular.
- Fomentar a conexión entre o corpo e a mente
Profesorado: Monitores do Club Fluvial de Lugo.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.