Información importante
É necesario estar en posesión de licenza federativa de montañismo (mínimo tipo "B"), de non ser así, é obrigatoria a contratación dun seguro de día (custo 5 Euros), que se pode adquirir a través da aplicación da Área Deportiva na ligazón: Seguro
Hora e lugar de saída:
Hora de finalización:
Lonxitude: 13,7 km Desnivel: baixo Dificultade: baixa
Política de anulación e devolución de importes aboados: A USC soamente devolverá o importe aboado por baixa solicitada antes do penúltimo día hábil anterior á ruta (mércores ata as 23:59 h.)
As Rutas de Lecer son rutas de sendeirismo de distancias relativamente curtas e desniveis pouco intensos pensadas para xente que queira iniciarse ou ben sendeiristas xa expertos que optan por unha xornada tranquila e relaxada.
Nesta ocasión imos percorrer parte da costa do concello de Camariñas. Para iso nos desprazamos no bus ata a parroquia de Xaviña e comezamos a camiñar preto da igrexa de Santa Mariña (románica do século XII). Ao pouco cruzamos o lugar de O Boedo para enseguida entrar nun camiño cómodo que vai atravesando o monte durante varios quilómetros, por zonas de plantacións forestais, ata chegar á pista que vai polo alto da Enseada do Trece. Aqui comezamos a descender e acadamos o Cemiterio do Ingleses. A orixe deste cemiterio remóntase ao naufraxio do buque escola inglés The Serpent no 1890 e, do que tan só houbo tres superviventes dos 175 tripulantes. Créese que as principais causas da traxedia debéronse a un temporal e á deficiente luz do antigo faro.
Debido á dimensión dos acontecementos as vítimas da mariña británica foron soterradas arredor do sinistro (fonte: turismo.gal). Dende aquí continuamos vendo a fermosa e espectacular costa. Ao fondo xa se ve o noso obxectivo, o faro de Cabo Vilán. Antes pasamos por zonas de coídos e praias como Rieira, A Balea e Pedrosa.
O Faro de Cabo Vilán (1896), situado nun contorno de gran valor paisaxístico e medioambiental, está construído en cantería a 75 m de altitude e, presenta unha planta octogonal, duns 25m de altura, unida, por un túnel, a unha construción de planta cadrada cun patio interior. Un edificio de dúas plantas e deseño simple que alberga diferentes dependencias.
A orixe deste faro, o primeiro en ser eléctrico de España, débese a que veu a substituír a un faro anterior (1854), emprazado nas inmediacións, e que funcionaba a vapor.
Foi a partir do afundimento do Serpent, no ano 1890, cando a necesidade do novo faro cobrou forza e converteuse en realidade (fonte: turismo.gal).
Os camiños polos que transcorre a actividade son amplos e cómodos
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas ou roteiros, cun mínimo de 4 rutas de 1 día e máximo de 2 roteiros, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Ver aquí.