Calendario da actividade por períodos:
- 1º período do 14 de setembro ao 29 de novembro. - 2º período do 30 de novembro ao 7 de marzo. - 3º período do 8 de marzo ao 31 de maio, inclúese o mes de xuño gratuíto para recuperacións de clases.
Ver aquí.
Importante: xuño, recuperación de clases.
Este alumnado pódese matricular desde o día 01 de setembro de 2026.
Prioridades de matrícula:
Universitaria/o da USC con licenza da sección deportiva de Tenis USC, atendendo o seu currículo deportivo e á súa antigüidade no club.
Persoa externa á USC con licenza da sección deportiva de Tenis USC, atendendo o seu currículo deportivo e á súa antigüidade no club.
Universitaria/o da USC, atendendo o seu currículo deportivo.
Non universitarios, atendendo o seu currículo deportivo.
O profesorado seleccionará ás persoas interesadas atendendo a estas prioridades.
"Neste grupo o profesorado confirmará ou denegará a posibilidade de inscrición da persoa interesada atendendo ao nivel deportivo da mesma. As persoas que teñen grupo recomendo ou un nivel previamente coñecido polo profesorado recibirán confirmación por parte do administrador de maneira automática despois da comprobación da mesma para poder realizar o pago da actividade. As persoas deste grupo que non reciban confirmación deberán asistir a primeira clase previa a realización do pago da actividade para poder recibir o apto ou non apto por parte do profesor"
Obxectivos xerais:
Facilitar a continuidade dunha práctica deportiva regular e individualizada así como a organización do tempo para conciliar vida académica e deportiva.
Coordinar, canalizar e certificar o control do adestramento.
Tratar o adestramento do tenis de rendemento dende a perspectiva das necesidades específicas da/o tenista.
Maximizar os resultados do adestramento, variando con eficacia as tarefas e os contidos da planificación para que as/os tenistas logren mellorar as súas calidades.
Planificar e deseñar os adestramentos para obter resultados óptimos e ofrecer programas deportivos que axudarán á/ao deportista a alcanzar os seus obxectivos.
Orientar o adestramento de competición en función da idade e das características de cada tenista.
Ofrecer a posibilidade de participar en competición deportivas.
Dar continuidade a aquelas/es deportistas da escola de tenis que pola súa idade e capacidades deban pasar ao tenis de competición sempre e cando sexa un obxectivo para elas/es.
*Módulo de prácticas incluído ao longo do curso.
Profesorado: Roberto Martínez Cacabelos (Fundación USC).
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25/17/13 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.