Despois de camiñar xuntos durante 20 anos, celebraremos este percorrido compartido cunha aventura especial. Unha viaxe atractiva e diferente en Eslovenia aos Alpes Julianos, entre montañas e paisaxes de conto, esta experiencia será unha oportunidade perfecta para seguir sumando pasos, emocións e recordos nun entorno natural único, combinando espírito de grupo, descubrimento e amor pola natureza.
Datas: Do 24 ao 31 de xullo do 2026.
Lugar: Eslovenia.
Aloxamento: Hotel Center Pokjuka en réxime de media pensión con almorzo e cea, en habitacións dobres ou individuais (individual baixo petición).
Hora e lugar de saída: A saída farase o día 24 de xullo farase ás 9:30h. diante da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) ao lado do pavillón polideportivo da USC.
Hora e lugar de regreso: A chegada será o día 31 de xullo sobre as 18:00h. no mesmo que sitio que a chegada.
Información da ruta e plan de viaxe
Actividades que faremos (ampliación)
Información importante
É necesario estar en posesión de licenza federativa de montañismo (mínimo tipo "C").
Necesítase un mínimo de 22 persoas para que a ruta se poida facer.
Hotel:
Se algunha persoa está interesada na opción de habitación individual, terá que poñerse previamente en contacto a través dun correo electrónico con alejandro.malvido@usc.es para consultar a posibilidade de esta opción.
Aclaracións:
E imprescindible ter unha boa condición física para poder realizar sen dificultades as distancias e desniveis sinalados.
No momento de ir preparar a actividade, que se fará máis adiante, pecharase a programación definitiva e se ampliará a información concretando máis as lonxitudes, dificultades e mapas.
En calquera caso, a programación sempre pode sufrir variacións se as condicións atmosféricas ou imprevistos de calquera outro tipo así o requirisen.
No caso de precisar facer calquera consulta antes de inscribirse na actividade, pode facelo escribindo a victor.fidalgo@fundacionusc.gal
Lista de agarda:
En caso de cubrirse as prazas, as persoas interesadas poderán inscribirse na lista de agarda para cubrir posibles baixas.
Pagos:
A actividade ten dous pagos ao Área Deportiva e tres pagos á axencia.
Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Nota: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
IMPORTANTE: O pago a Área Deportiva está fraccionado en 2 prazos.
O mínimo de persoas inscritas para poder facer a ruta é de 22.
*1º Prazo de pago para a reserva de praza na actividade: É do 30 de xaneiro ao 11 de febreiro do 2026.
*2 Prazo de pago: É do 15 ao 22 de abril do 2026.
IMPORTANTE: O pago a Viaxes Galitur está fraccionado en 3 prazos.
Cubrindo o mínimo de prazas necesarias para que a ruta sexa viable, a Área Deportiva contactará a través dun correo electrónico coas persoas inscritas o día 12 de febreiro para proceder ao 1º pago con Galitur.
*1º Prazo de pago para a reserva de praza na actividade: É do 13 ao 18 de febreiro do 2026.
*2º Prazo de pago: É do 15 ao 22 de abril do 2026.
*3º Prazo de pago: É do 1 ao 7 de xuño do 2026.
* Se algunha persoa está interesada en facer o pago único do importe total de Viaxes Galitur e non facer 3 pagos, tería que facelo do 13 ao 18 de febreiro do 2026.
*1º Prazo de pago (reserva da praza): do 30 de xaneiro ao 11 de febreiro do 2026 - 150€
*2 Prazo de pago: do 15 ao 22 de abril do 2026 - O correspondente á táboa en función da categoría e número de bonos usados.
O importe total son 1610€ en habitación dobre en cama individual ou 1900€ en habitación individual
*1º Prazo de pago (reserva da praza): do 13 ao 18 de febreiro do 2026 - 500€ en habitación dobre ou 600€ en habitación individual
*2º Prazo de pago: do 15 ao 22 de abril do 2026 - 500€ en habitación dobre ou 600€ en habitación individual
*3º Prazo de pago: do 1 ao 7 de xuño do 2026 - 610€ en habitación dobre ou 700€ en habitación individual
* Ingresar na seguinte conta bancaria: IBAN ES23 2080 5155 9430 4006 4173 (ABANCA)
* Titular: Viajes Galitur SL
* Concepto de transferencia: 45227 - NOME E APELIDOS da persoa inscrita.
Politicas de cancelación:
* Devolución do importe pagado a Área deportiva:
- Ata o 7 de xuño, será posible solicitar a devolución sempre e cando non implique a anulación da ruta por ser menos de 22 persoas.
- Despois do 7 de xuño non se admitirán anulacións excepto que a praza a anular poida ser cuberta por algunha persoa da lista de agarda (se a houbera).
- Se hai unha anulación con causa xustificada despois do 7 de xuño e seguen sendo 22 ou máis persoas e non se cubre a praza vacante, poderase devolver a parte dos gastos non facturados á USC.
* Gastos coa axencia por cancelación voluntaria:
- Cancelación con cargo: 100€ en concepto de gastos de xestión.
- Cancelación con cargo: Cancelacións entre os 60 e 35 días anteriores á saída: 50% do importe do viaxe.
- Cancelación con cargo: Cancelacións con menos de 35 días anteriores á saída: 100% do importe do viaxe.
- Sempre garantindo que haxa un grupo mínimo de 22 persoas.
+ Os gastos da Área Deportiva corresponden a unha parte dos gastos de preparación, os gastos dos guías e os desprazamentos en autocar ao aeroporto de A Coruña e dende o aeroporto de Coruña a Santiago.
+ Os gasto da Axencia corresponden aos voos, desprazamentos en autocar dende Venecia a Eslovenia e a disposición do mesmo para realizar o itinerario o resto de días, estancia de 7 noites en el Hotel Center Pokluka*** en réxime de media pensión (almorzo e cea) coas taxas incluídas e unha póliza de seguro de asistencia e anulación xustificada.
Ver aquí.