Tempada 2026
O abono da cota inclúe a licenza e o seguro deportivo da tempada (de 1 de xaneiro a 31 de decembro de 2026), a inscrición nun dos equipos que compiten na liga galega e a posibilidade de reservar a sala de xadrez para adestramentos, partidas, análises...
A Sección Deportiva USC de Xadrez incribirá 4 equipos para competir na liga galega:
A reserva da sala terá que ser en horario de apertura, e solicitar a chave na conserxería da piscina (horario ordinario de luns a venres de 08:00 a 23:00 e sábado de 09:30 a 13:30)
Se quere asegurarse que está libre pode chamar ao teléfono 881815079 indicando hora solicitada e faráselle a reserva.
Para a seguinte tempada abrirase o prazo de adquisición a finais de ano, unha vez a federación publique a información ao respecto e a Área Deportiva estableza as tarifas e condicións pertinentes.
Seguro deportivo (información sobre protocolos de actuación cando sexa necesario)
Escola de Xadrez