Calendario da actividade por períodos:
- 1º período do 15 de setembro ao 30 de novembro - 2º período do 1 de decembro ao 8 de marzo - 3º período do 9 de marzo ao 31 de maio, inclúese o mes de xuño gratuíto para recuperacións de clases.
Ver aquí.
Importante: xuño, recuperación de clases.
Este alumnado pódese matricular desde o día 01 de setembro de 2025.
Obxectivos xerais:
Fomentar a práctica do tenis entre a comunidade universitaria.
Fomentar a práctica do tenis entre a poboación local e comarcal.
Crear unha escola aberta a todos os segmentos da poboación.
Dar a coñecer os beneficios que ten a práctica de actividade física para a saúde das persoas, tomando como vehículo a práctica do tenis.
Incentivar o valor social do tenis mediante a creación de actividades de interacción social durante as sesións e organizando eventos de difusión do tenis durante o curso.
Mellorar o nivel tenístico do alumnado.
Profesorado: Fundación USC.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.