Ver aquí.
Importante:
- Os días 15 e 31, respectivamente, resérvanse (por se fose necesario) para a recuperación de clases aprazadas.
- Os horarios poderán ser modificados en función do número de inscricións.
Obxectivos xerais:
- Fomentar a práctica do tenis entre a poboación local e a universitaria. - Crear unha escola aberta a todos segmentos da poboación. - Mellorar o nivel tenístico do alumnado. - Dar a coñecer os beneficios que a práctica de actividade física ten para a saúde das persoas, tomando coma vehículo a práctica do tenis.
Nivel experto
- Facilitar a continuidade dunha práctica deportiva regular e individualizada así como a organización do tempo para conciliar vida académica e deportiva.
- Coordinar, canalizar e certificar o control do adestramento.
- Tratar o adestramento do tenis de rendemento dende a perspectiva das necesidades específicas da/o tenista.
- Maximizar os resultados do adestramento, variando con eficacia as tarefas e os contidos da planificación para que as/os tenistas logren mellorar as súas calidades.
- Planificar e deseñar os adestramentos para obter resultados óptimos e ofrecer programas deportivos que axudarán á/ao deportista a alcanzar os seus obxectivos.
- Orientar o adestramento de competición en función da idade e das características de cada tenista.
- Ofrecer a posibilidade de participar en competición deportivas.
- Dar continuidade a aquelas/es deportistas da escola de tenis que pola súa idade e capacidades deban pasar ao tenis de competición sempre e cando sexa un obxectivo para elas/es.
Profesorado: Fundación USC. Nota: Consultar detalles sobre descontos, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.