Ver aquí.
• Duración efectiva do curso: 45 min., 5 minutos para acceder á piscina e 10 minutos para abandonar a instalación. • Os bañistas terán que levar gorro de baño, bañador, toalla, lentes de natación e chanclas. • As/os nenas/os deben ser autosuficientes para cambiarse nos vestiarios. • As bancadas permanecerán pechadas agás nas xornadas de “BANCADAS ABERTAS”. Estas xornadas serán anunciadas con anterioridade. Niveis xerais: 1. Familiarización e autosuficiencia no medio acuático. 2. Coñecemento do medio acuático 1 e coñecemento do medio acuático 2. 3. Dominio do medio acuático. 4. Adestramento: Se o que buscas é un programa de adestramento adecuado ao teu nivel. Obxectivos xerais: - Orientar técnicamente aos usuarios e usuarias sobre as actividades acuáticas que poidan realizar como recurso terapéutico complementario ou compensador de enfermidades ou lesións que presentan, e con motivo das propiedades benéficas que proporciona o medio acuático. - Adquirir os coñecementos necesarios para unha mellora do estado físico e psíquico individualizado en función da patoloxía que presente cada persoa, fortalecendo diferentes partes do corpo e adquirindo unha maior mobilidade que redundará nun mellor estado de saúde. - Mellorar a posición corporal e o equilibrio traballando a reeducación postural e hixiene preventiva. - Favorecer a corrección da postura, o retorno venoso e a reeducación da respiración (presión hidrostática). Profesorado: Fundación USC. Nota: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.