Ver aquí.
Datas: do 22 ao 26 de xullo. Lugar: Llánaves de la Reina (León) Saída: día 22, sábado, (hora pendiente de confirmación), diante da piscina universitaria. Regreso: día 26, domingo, (hora pendiente de confirmación).
Aloxamento: Estaremos aloxados en Llánaves de la Reina, no hotel San Glorio, en réxime de media pensión.
Imos a un dos sectores máis interesantes da Cordillera Cantábrica a facer unha variada actividade de montaña. Estaremos nunha zona situada entre o Parque Nacional de Picos de Europa e o Parque Natural da Montaña Palentina, o que nos permitirá coñecer diferentes a variadas paisaxes e hábitats.
A actividade aquí exposta é unha actividade de montaña, na que faremos percorridos con moito desnivel, con tramos de forte pendente e lonxitudes variadas, terreos complicados, . Tamén hai que ter en conta os riscos que implican este tipo de actividades: caídas, desprendementos... Polo que se require unha ampla experiencia en actividades de este tipo, así como unha boa condición física e capacidade de sufrimento.
Faremos en total 5 rutas montañeiras e a día de hoxe as actividades que barallamos (provisionais) entre outras, e a falta de ir a facer a preparación son:
- Subida ao Pico Coriscao 2234m e Peña Vallines 2153m .
- Subida a Pico Tres Provincias 2499m.
- Subida a Sestil de Robadorio 2204m.
Agardamos poder ir a preparar as rutas ao longo do mes de maio e nese momento daremos información máis precisa de como quedará programada finalmente a actividade en canto ás rutas que fagamos.
1º Prazo (reserva de praza): desde o 11 ata o 25 de maio, cun prazo de preferencia ata o 17 de maio, para os membros da comunidade universitaria e as persoas que dispoñan de bonos de sendeirismo. Importe: 200 €. 2º Prazo: desde o 29 de maio ao 9 de xullo. Importe restante en función da categoría e do usos de bonos.
Importante: é necesario estar en posesión de licenza federativa (mínimo tipo "B").
En caso de cubrirse as plazas, as persoas interesadas poderán remitir ao correo electrónico deporsec@usc.es os seus datos (nome e apelidos, teléfono e e-mail), indicando o seu interese por participar na actividade, para cubrir posibles baixas o ampliacións. Atenderase por rigorosa orden de chegada de peticións.
En caso de anulación por calquera causa, deben enviar un correo a deporsec@usc.es solicitando a baixa na actividade. A partir do 26 de maio non se admitirán anulacións excepto que a praza a anular poida ser cuberta por algunha persoa da lista de agarda (se a houbera). Se hai unha anulación con causa xustificada e no se cubre a praza vacante, poderase devolver a parte dos gastos non facturados á USC.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Nota: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.