Ver aquí.
Hora e lugar de saída: 09:00. Desprazamento en autobús, diante da piscina universitaria. Hora de finalización: 19:30, aproximadamente. Lonxitude: 15 km. Desnivel: medio. Dificultade: media.
Imos facer unha ruta que comeza e remata na parroquia de Esteiro (Santa Mariña) no concello de Muros e tamén en parte pasa polo concello de Outes. E un percorrido circular que nos leva por diferentes puntos de interese da zona, como a desembocadura do río Maior, o Pico do Castelo Grande, muíños, bosques, miradoiros, e lugares como O Maio, Riomaior, Arestiño...
O Pico do Castelo Grande, situado a 357 metros de altitude, é un miradoiro perfecto sobre todo o val desta parroquia de Muros, conformado polos ríos Maior e Arestiño e parte da ría.
É unha ruta sen grandes dificultades aínda que ten algo de desnivel, e nos leva por zonas ben bonitas.
*A ruta aínda está sen revisar, en canto a revisemos engadiremos o mapa na información.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas de 1 día, ver convocatoria.