Data: 28 de outubro.
Horario: de 16:00 a 19:30 horas.
Lugar: diante do Complexo Deportivo do Estadio. Campus sur.
Inscrición: Gratuíta.
Categorías: Única (aberta a calquera nivel, xénero e idade)
Nº de equipos: Máximo 16 parellas.
Inscrición ao campionato:
-Todas as persoas participantes teñen que ser da Comunidade Universitaria da USC.
- Non existe limitación de xénero na composición dos equipos.
- Para poder inscribirse, todas as persoas participantes, deberán rexistrarse antes como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
- A persoa capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- A persoa capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
Bolsa de xogadoras/es:
No caso de estar interesada/o en inscribirte no campionato e non tes parella, podes inscribirte na bolsa de xogadoras/es.
Regulamento:
Pendente de publicación en función do número de equipos inscritos.