Información importante. Datas: do 12 ao 16 de xullo Lugar: Val de Laciana (León) Saída: día 12, mércores (horario por determinar). Regreso: día 16, domingo, ás 21:00 aprox.
Aloxamento: Estaremos aloxados no Albergue El Cordal de Laciana, en Caboalles.
Esta actividade está destinada a persoas entre 18 e 25 anos e inclúe os desprazamento en autobús, a estancia en réxime de media pensión e o acompañamento de 2 guías.
DINÁMICA DA ACTIVIDADE Día 1 • Saída dende Santiago de Compostela e viaxe ata Laciana. • Check-in no Albergue El Cordal de Laciana. • Ruta de sendeirismo: O Bosque Mixto de Caboalles • Visita ao Centro de Interpretación do Urogallo (importe 1 € por persoa, a aboar alí) Día 2 • Ruta e ascenso ao pico Cueto Arbás. • Visita á fábrica de Cervexa Artesá 1270, en Lumajo (incluida no prezo) • Paseo ata a Fervenza de Lumajo • Tempo libre/piscina Día 3. • Ruta da Braña da Fontellada. • Tempo libre/piscina • Charla sobre Seguridade no Medio Natural e Sendeirismo: Máis que un deporte. Día 4. • Ruta de Sosas de Laciana a Villablino. • Visita á Leitería Tradicional de Sosas de Laciana e ao castro de La Zamora (incluida no prezo) • Tempo libre/piscina Día 5. • Ruta de Los Tejos de Rioscuro • Viaxe de regreso a Santiago • Chegada a Santiago
CARACTERÍSTICAS DAS RUTAS PREVISTAS En xeral, son rutas de dificultade baixa/media ou media, con certo grado de desnivel e que oscilan entre os 9 e os 16 km. As rutas aquí presentadas son perfectas para coñecer as diferentes zonas do val de Laciana e os seus diferentes hábitats e valores naturais. O grupo irá acompañado de dous guías titulados que marcarán as pautas e o ritmo, sempre con estes obxectivos principais: • A seguridade das persoas participantes. • O respecto ao medio ambiente. • O goce das persoas participantes.
Nota: é necesario levar equipamento, sobre todo calzado, apto para realizar sendeirismo.
Inscricións:
Prazo de pre-inscrición: a partir do 4 de marzo (unha vez cuberto o mínimo de prazas requerido, abrirá o período para aboar primeiro prazo da actividade: reserva de praza,ata o 23 de marzo. Importe: 150 €. 2º Prazo: desde o 24 de febreiro ao 30 de xuño. Importe restante en función da categoría e do usos de bonos.
En caso de cubrirse as plazas, abrirase unha Lista de agarda na que se poderán anotar todos os interesados (se algunha praza se anula recibirá un correo para facer a inscrición).
A partir do 24 de marzo non se admitirán anulacións excepto que a praza a anular poida ser cuberta por algunha persoa da lista de agarda (se a houbera). Se hai unha anulación con causa xustificada e no se cubre a praza vacante, poderase devolver a parte dos gastos non facturados á USC.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: 2 gúis tituladosproporcionados pola Fundación USC.. Nota: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.