Ver aquí.
Datas: do 6 ao 9 de abril Lugar: As Merindades (Burgos) e monumento natural Ojo Guareña Saída: día 6, xoves, ás 07:00, diante da piscina universitaria. Regreso: día 9, domingo, ás 21:00 aprox.
Aloxamento: Estaremos aloxados en Soncillo, en réxime de media pensión no hotel El Capricho de Clemente, polo que tendes que levar a comida para os días das rutas.
Temos previsto facer en total catro rutas. As rutas dos días de viaxe serán máis curtas. A idea é coñecer diferentes zonas e paisaxes da contorna, e coñecer esta parte das Merindades así como o Monumento Natural Ojo Guareña
As rutas serán en xeral de dificultade media, aínda así, hai que ter un bo estado de forma e estar habituado á práctica do sendeirismo.
A mediados de febreiro, logo de ir preparar as rutas, daremos información máis precisa de como quedará programada finalmente a actividade en canto ás rutas e as visitas que fagamos
Inscricións:
1º Prazo (reserva de praza): desde o 6 de febreiro ata o 19 de febreiro, con un prazo de preferencia ata o 12 de febreiro, para os membros da comunidade universitaria e as persoas que dispoñan de bonos de sendeirismo. Importe: 200 €. 2º Prazo: desde o 20 de febreiro ao 9 de marzo. Importe restante en función da categoría e do usos de bonos.
En caso de cubrirse as plazas, as persoas interesadas poderán remitir ao correo electrónico deporsec@usc.es os seus datos (nome e apelidos, teléfono e e-mail), indicando o seu interese por participar na actividade, para cubrir posibles baixas o ampliacións.
A partir do 10 de marzo non se admitirán anulacións excepto que a praza a anular poida ser cuberta por algunha persoa da lista de agarda (se a houbera). Se hai unha anulación con causa xustificada e no se cubre a praza vacante, poderase devolver a parte dos gastos non facturados á USC.
Atenderase por rigorosa orden de chegada de peticións.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Nota: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.