Información importante. Hora e lugar de saída: 09:00. Desprazamento en autobús, diante da piscina universitaria. Hora de finalización: 19:00, aproximadamente. Lonxitude: 14 km. Desnivel: baixo-medio. Dificultade: media.
Nesta ocasión imos ao concello de Xermade, situado na provincia de Lugo o cal non tíñamos visitado ata agora. A ruta que temos prevista comeza en Cabreiros e lévanos durante uns cuantos quilómetros pola beira do río Trimaz ata a ponte Baxín, onde nos separamos del e seguimos o curso do Rego dos Caxigás para máis adiante rodear o monte do Espiño antes de emprender o descenso ata Cabreiros. Case todo o percorrido vai entre bosques de ribeira e carballeiras, pasando por diferentes aldeas. E salientable o estupendo estado de conservación da meirande parte dos bosques e a fermosura dos mesmos.
O desnivel (pouco) está concentrado na segunda parte da ruta, que en xeral non presenta dificultades, salvo as que podan causar a auga e a lama.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Ver aquí.