Ver aquí.
Importante: xuño, recuperación de clases.
Este alumnado pódese matricular desde o día 01 de setembro de 2024.
Prioridades de matrícula:
Universitaria/o da USC con licenza do club USC, atendendo o seu currículo deportivo e á súa antigüidade no club.
Persoa externa á USC con licenza do club USC, atendendo o seu currículo deportivo e á súa antigüidade no club.
Universitaria/o da USC, atendendo o seu currículo deportivo.
Non universitarios, atendendo o seu currículo deportivo.
O profesorado seleccionará ás persoas interesadas atendendo a estas prioridades.
Obxectivos xerais:
Facilitar a continuidade dunha práctica deportiva regular e individualizada así como a organización do tempo para conciliar vida académica e deportiva.
Coordinar, canalizar e certificar o control do adestramento.
Tratar o adestramento do tenis de rendemento dende a perspectiva das necesidades específicas da/o tenista.
Maximizar os resultados do adestramento, variando con eficacia as tarefas e os contidos da planificación para que as/os tenistas logren mellorar as súas calidades.
Planificar e deseñar os adestramentos para obter resultados óptimos e ofrecer programas deportivos que axudarán á/ao deportista a alcanzar os seus obxectivos.
Orientar o adestramento de competición en función da idade e das características de cada tenista.
Ofrecer a posibilidade de participar en competición deportivas.
Dar continuidade a aquelas/es deportistas da escola de tenis que pola súa idade e capacidades deban pasar ao tenis de competición sempre e cando sexa un obxectivo para elas/es.
Profesorado: Roberto Martínez Cacabelos (Fundación USC).
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25/17/13 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Os importes publicados corresponden a fraccionar os pagos (3 ao longo do curso deportivo). A inscrición en varios grupos comporta o pago estrito do importe de cada un deles.