Tempada 2026
O pago da cota de atletismo inclúe a licenza federativa e o seguro deportivo da tempada (do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2026), así como, da categoría sub 18 en diante, a práctica libre no estadio de atletismo durante a tempada.
Non se tramitan licenzas nacionais.
Importante:
Cada atleta farase cargo do pago dos importes facturados pola FGA correspondentes ás súas inscricións e ás súas sancións, a través da cota que se xerará a nivel interno na súa conta. De non realizarse o pago a/o atleta non poderá acceder á pista.
Para federarte na Sección Deportiva da USC de atletismo debes poñerte en contacto ca coordinadora da sección: Esther Pedrosa Carrete (esther.pedrosa@usc.es).
Para a seguinte tempada o prazo de inscrición abrirase a finais de ano, unha vez a federación publique a información ao respecto e a Área Deportiva estableza as tarifas e condicións pertinentes.
Escola de Atletismo.
Seguro para deportistas federados (É imprescindible chamar por teléfono antes de recibir calquera atención médica, teléfono 900 404 444)