Calendario da actividade por períodos:
- 1º período do 14 de setembro ao 29 de novembro. - 2º período do 30 de novembro ao 7 de marzo. - 3º período do 8 de marzo ao 31 de maio. - 4º período (xuño mensual) do 1 de xuño ao 30 de xuño.
Ver aquí.
Importante: o alumnado do curso anterior pódese matricular desde o día 01 de setembro de 2026, independentemente da categoría á que pertenza.
*No grupo 2014 e anteriores avanzado o alumnado, de xeito individual, escollerá 4 días dos 5 posibles, a determinar co profesorado.
"No grupo 2014 e anteriores avanzado o profesorado confirmará ou denegará a posibilidade de inscrición da persoa interesada atendendo ao nivel deportivo da mesma. As persoas que estiveron no curso pasado no nivel avanzado recibirán confirmación por parte do administrador de maneira automática despois da comprobación da mesma para poder realizar o pago da actividade. As persoas deste grupo que non reciban confirmación deberán asistir a primeira clase previa a realización do pago da actividade para poder recibir o apto ou non apto por parte do profesor"
Obxectivos xerais:
Mellorar a condición física xeral incrementando a resistencia, forza, velocidade e flexibilidade.
Desenvolver as habilidades técnicas das diferentes disciplinas atléticas.
Promover a práctica regular de actividade física e un estilo de vida activo
Estimular a competencia sa fomentando o espírito deportivo e o traballo en equipo.
Fomentar o traballo individual e en equipo, sempre nun clima positivo de convivencia de grupo, onde primen os valores democráticos e o xogo limpo.
Profesorado: Fundación USC.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 17 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.