DESCRICIÓN Alumnado e/ou persoal afectado por convenios ou acordos vixentes que establezan unha equiparación á comunidade universitaria. Inclúese nesta categoría ao: - Alumnado do CSHG (Centro Superior de Hostalería de Galicia). - Alumnado de posgrao da EAEM (Escola de Altos Estudos Musicais). - Alumnado de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matronas). DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA Alumnado: resgardo do pago de matrícula ou calquera outro documento legal acreditativo. Persoal: certificado de empresa, posto ao día, ou calquera outro documento legal acreditativo. DURACIÓN A validez do abono á categoría A é polo curso deportivo.