NOVA INFORMACIÓN DO 3X3
Cronogramada do día de competición:
14:30 - 15:00 Acreditación e recollida de camisetas (levar DNI)
15:00 - 19:00 Fases de grupos (pasan 4 equipos de todos os grupos ás fases finais). Nesta fase de competición os partidos son a 8 minutos.
19:00 - 19:50 Fase previa campionato de triplas e foto grupal.
19:50 - 22:00 Fases finais do 3x3 e campionato de triplas. Nos oitavos de final os partidos son a 8 minutos, nos cuartos de final, semifinais e final os partidos son a 10 minutos.
As clasificacións e os resultados poderán seguirse a través desta mesma páxina.
Partidos do 3x3
Data: 23 de febreiro do 2026.
Horario: A partir das 15:00 horas.
Lugar: Pista central do Multiusos Fontes do Sar. Santiago de Compostela.
Desprazamento: Facilitarase un autobús de maneira gratuíta ás persoas interesadas en participar no Campionato que sexan do Campus de Lugo. Uns días antes contactaremos cos inscritos do campus de Lugo e fixaremos un lugar e hora de recollida, aproximadamente sobre as 13:00 horas.
Categorías: Feminina e masculina.
Nº de equipos: 32 por categoría. Existirá unha lista de agarda cando se cubran as prazas de cada categoría. Dependendo do número de equipos inscritos por categoría a configuración do 3x3 poderá variar.
As persoas participantes recibirán unha camiseta reversible de competición.. Foto 1 / Foto 2.
Procedemento para a inscrición o torneo 3x3:
-Todas as persoas participantes teñen que ser da Comunidade Universitaria da USC.
- A inscrición será gratuíta.
- Para poder inscribirse, todas as persoas participantes, deberán rexistrarse antes como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
- A/o capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- O nome do equipo que se inscriba terá como máximo 20 díxitos, e non poderá resultar ofensivo ou inapropiado.
- A/o capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
- No caso de non ter equipo, podes inscribirte na bolsa de xogadoras/es.
*Unha vez inscrito o equipo, os participantes e confirmado pola Área Deportiva poderán realizar a inscrición ao CAMPIONATO DE TRIPLAS nesta ligazón, soamente poderá inscribirse unha persoa por equipo.
Regulamento do I Campionato 3x3 USC-OBRADOIRO