Importante:
Niveis xerais:
Familiarización e autosuficiencia no medio acuático.
Dominio do medio acuático.
Obxectivos xerais:
Profesorado: Fundación USC.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Importante: o alumnado do curso anterior pódese matricular desde o día 01 de setembro de 2026, independentemente da categoría á que pertenza.
*No grupo 2014 e anteriores avanzado o alumnado, de xeito individual, escollerá 4 días dos 5 posibles, a determinar co profesorado.
"No grupo 2014 e anteriores avanzado o profesorado confirmará ou denegará a posibilidade de inscrición da persoa interesada atendendo ao nivel deportivo da mesma. As persoas que estiveron no curso pasado no nivel avanzado recibirán confirmación por parte do administrador de maneira automática despois da comprobación da mesma para poder realizar o pago da actividade. As persoas deste grupo que non reciban confirmación deberán asistir a primeira clase previa a realización do pago da actividade para poder recibir o apto ou non apto por parte do profesor"
Mellorar a condición física xeral incrementando a resistencia, forza, velocidade e flexibilidade.
Desenvolver as habilidades técnicas das diferentes disciplinas atléticas.
Promover a práctica regular de actividade física e un estilo de vida activo
Estimular a competencia sa fomentando o espírito deportivo e o traballo en equipo.
Fomentar o traballo individual e en equipo, sempre nun clima positivo de convivencia de grupo, onde primen os valores democráticos e o xogo limpo.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 17 sesións, ver convocatoria.
Proporcionar recursos de autodefensa para dar resposta a potenciais situacións de risco para a nosa integridade.
Aprender o uso de técnicas eficaces en función das nosas capacidades e das características de cada situación.
Ampliar o concepto de autodefensa de maneira que se considere tamén como unha disciplina que debe contemplar o emprego de técnicas para a solución de conflitos sen chegar a un enfrontamento físico.
Dar a coñecer os beneficios que reporta a práctica desta disciplina, que nos proporciona saúde e benestar, tanto a nivel físico como psíquico.
Importante: A duración ordinaria da actividade é ata o 31 de Maio. Xuño: recuperación de clases.
Facilitar a integración do alumnado primando a interacción social, creando un grupo de traballo ameno, dinámico e comprometido.
Axudar a coñecer e mellorar as destrezas básicas desta disciplina deportiva dun xeito divertido.
Aumentar ou crear a afección polo balonmán mediante a súa práctica.
Fomentar os valores dos deportes de equipo: compañeirismo, solidariedade, respecto, etc.
O Barre Fit é unha modalidade de adestramento físico que combina elementos de ballet, pilates, ioga e adestramento funcional. Céntrase en movementos pequenos, controlados e repetitivos que desenvolven a forza, a flexibilidade, o equilibrio e a resistencia muscular, especialmente na zona central do corpo (core), os glúteos, as pernas e os brazos.
Traballar músculos específicos —sobre todo glúteos, pernas, abdome e brazos— mediante movementos pequenos e repetitivos que definen o corpo sen engadir volume.
Activar a musculatura profunda do core (abdome, pelve e lombo) para acadar unha aliñación correcta da columna e protexer a costas.
Desenvolver forza e resistencia muscular empregando o peso corporal como resistencia, coidando as articulacións e evitando lesións agresivas.
Fomentar a estabilidade, a flexibilidade e a concentración a través da fusión de técnicas de ballet, pilates e ioga
Profesorado: Monitores/as do Club Fluvial de Lugo.
O Body Pump é unha clase de fitness en grupo dirixida por un instructor/a. Combina exercicios de forza e resistencia con series de moitas repeticións usando barras e discos de peso. Todo o adestramento realízase ao ritmos da música, co obxetivo de tonificar todo o corpo.
Tonificar e dar forma aos músculos sen buscar un volume extremo.
Queimar calorías durante e despois da sesión
Mellorar a resistencia e a forza en xeral
Coidar os ósos e mellorar a postura corporal
Profesorado: Monitores do Club Fluvial de Lugo.
Actividade de natación.
A inscrición está restrinxida ás persoas autorizadas pola entidade.
Coñecemento do medio acuático 1 e coñecemento do medio acuático 2.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 50 sesións, ver convocatoria.
Combinación de actividades de tonificación da zona abdominal e lumbar. É unha disciplina física suave baseada en exercicios de estiramento controlados e realizados con atención plena. O seu obxetivo principal é alongar músculos e tendóns, aumentar a flexibilidade corporal e mellorar a amplitude de movemento das articulacións mediante posturas inspiradas no ioga a danza e a ximnasia.
Contribuír a prevención de lesións derivadas de sedentarismo e malas posturas.
Mellorar a forza e a resistencia da musculatura estabilizadora do tronco.
Mellorar a elasticidade aumentando a capacidade de movemento dos músculos, tendóns e articulacións.
Optimizar a postura e axudar na reeducación postural global.
Reducir a tensión e a rixidez muscular acumulada polo estrés ou a falta de actividade.
Favorecer a relaxación diminuindo a tensión física e mental mediante unha respiración axeitada e consciente.
O Fitness son un conxunto de exercicios orientados a alcanzar e manter unha boa condición física, benestar xeral e saúde mental.
Queimar calorías durante e despois da sesión.
Mellorar a resistencia e a forza en xeral.
Coidar os ósos e mellorar a postura corporal.
Importante: a duración ordinaria da actividade é ata o 31 de maio. Xuño: recuperación de clases.
Dar a coñecer o fútbol sala na USC.
Fomentar a práctica do fútbol sala na USC.
Dar a coñecer os beneficios do fútbol sala para a saúde das alumnas.
Adoptar hábitos de hixiene e de exercicio físico.
Participar en actividades onde se establece relación coas compañeiras.
Mellorar as capacidades físicas básicas e destrezas motrices.
O GAP é unha actividade cardiovascular e tonificante de glúteos, pernas e abdominais.
Definir e endurecer os glúteos, as pernas e o abdome.
Traballar a zona media para protexer as costas e mellorar a postura corporal no día a día.
Aumentar a capacidade muscular e cardiovascular ao facer repeticións continúas.
Queimar calorías, axudando a reducir a graxa localizada e manter un peso saudable.
Prever lesión dando maior estabilidade ás articulacións das cadeiras, xeonllos e nocellos.
Combinación de adestramentos de cardio e forza de alta intensidade e tonificación da zona abdominal e lumbar.
Tonificar e dar forma aos músculos
Coñecer as características xerais da técnica de karate e as súas posibilidades de aplicación práctica en condicións de oposición.
Mellorar as capacidades condicionais básicas.
Educar en valores e actitudes de cooperación e respecto cos/coas compañeiros/as de adestramento.
Garantir a integración de todas as habilidades, calidades, coñecementos e hábitos.
Achegarse ás artes marciais chinesas desde unha perspectiva integral.
Aprender os fundamentos do equilibrio, enraizamento e fluidez no movemento, baseados no principio do yin e yang.