En que consiste Adestramento autodirixido de escalada en bloque artificial co fin de mellorar técnica e fisicamente e manter unha condición física saudable. Destinatarios • Alumnado, pas e pdi da USC. • Outros maiores de 6 anos*.
*Os menores de 16 anos só acompañados de persoa maior de idade. É imprescindible o rexistro como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
Onde se pode facer Na Sala do muro de escalada, situada no Complexo Deportivo do Estadio de Atletismo. Tamén se poden utilizar os espazos exteriores de céspede natural anexos á pista de atletismo e a sala polivalente (contigua á sala do muro). Todos os espazos e equipamentos se deberán utilizar conforme ás súas normas de uso.
Equipamento dispoñible Muro de escalada de 9,5 x 3,5 m con zona vertical, con desplome e con teito, instalado por Top30 en 2008 e taboleiro con listóns pequenos para entrenamento de forza.
Como se accede Mediante unha “reserva de uso”. A reserva de uso é coma unha entrada pero para unha data e horario que as persoas usuarias deberán adquirir previamente por internet. Pódense adquirir soltas, por bonos de 5 e 10 usos E mediante un abono temporal de 30 días ou de curso completo. Unha vez adquirido o bono ou o abono temporal deberase concretar cada reserva de uso que se queira facer. Só se pode facer 1 reserva de uso por día. O máximo de reservas de uso que se poden realizar son 3 (en canto se desfrute unha e estean 2 pendentes de uso xa se pode facer outra) e cunha antelación máxima dunha semana.
Con, polo menos, 1 hora de antelación pódense realizar cambios ou anulacións das reservas de uso, dende a conta de usuario, ou, en caso necesario, chamando por teléfono á conserxaría da instalación (881815224).
A non asistencia a unha reserva de uso, sen xustificación, conleva unha penalización de 4 días sen poder realizar unha nova reserva. A solicitude de xustificación dirixirase ao Servizo de Deportes, mediante correo electrónico ao enderezo deporsec@usc.es, acompañando documentación xustificativa. A reserva de uso implica a ocupación dunha praza da capacidade máxima dos espazos ou equipamentos da sala.
Tempo de uso e horarios A reserva de uso farase para unha franxa de duración máxima de unha hora e media, de luns a sábado. A franxa horaria marca os límites de permanencia nas salas deportivas realizando a actividade, podéndose acceder á instalación e abandonala cunha ampliación de 15 minutos, antes e despois, para uso de vestiarios.
O uso dos vestiarios deberá ser áxil para facilitar a afluencia sen sobrepasar a capacidade. Os horarios concretos para cada época do ano estarán visibles ao realizar as reservas e publicados nesta páxina e nos taboleiros da instalación.
Ver aquí.