En que consiste Adestramento autodirixido de atletismo e acondicionamento físico. Destinatarios • Membros da comunidade universitaria da USC. • Outros maiores de 6 anos*
*Os menores de 14 anos só acompañados de persoa maior de idade É imprescindible o rexistro como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
Onde se pode facer Na pista de atletismo, corredores interiores e sala polivalente do estadio de atletismo. Todos os espazos e equipamentos se deberán utilizar conforme ás súas normas de uso.
Equipamento dispoñible
Pista de atletismo de 8 carreiros de pavimento sintético con equipamento para todas as especialidades atléticas.
Dous corredores interiores de 50 x 3,20 m aprox. con pavimento sintético adecuado para uso con zapatillas de cravos, un foso de saltos horizontais, espaleiras e bancos. Sala polivalente equipada con espaleiras, corda de rubir e barras fixas. Material específico como valos de diversos tipos, tacos de saída, artefactos de lanzamentos, balóns medicinais, pesas, etc.
Como se accede
Mediante unha “reserva de uso”.
A reserva de uso é coma unha entrada pero para unha data e horario que as persoas usuarias deberán concretar previamente por internet.
Pódense pagar soltas, por bonos de 5 e 10 usos e mediante un abono temporal de 30 días ou de curso completo. Unha vez adquirido o bono ou o abono temporal deberase concretar cada reserva de uso que se queira facer.
Pódense facer 2 reservas de uso por día como máximo.
O máximo de reservas de uso que se poden realizar son 5 (en canto se desfrute unha e estean 4 pendentes de uso xa se pode facer outra) e cunha antelación máxima dunha semana.
Pódense realizar cambios ou anulacións das reservas de uso, dende a conta de usuario. Tempo de uso e horarios
A reserva de uso farase para unha sesión de duración máxima de dúas horas, mediante a selección de ata 4 franxas consecutivas de 30 minutos.
Pódese acceder á instalación dende 15 minutos antes do horario seleccionado. O uso dos vestiarios deberá ser áxil para facilitar a afluencia sen sobrepasar a capacidade.
Os horarios concretos para cada época do ano estarán visibles ao realizar as reservas e publicados na web e nos taboleiros da instalación.
Ver aquí.