En que consiste Adestramento autodirixido de artes marciais co fin de mellorar técnica e fisicamente e manter unha condición física saudable. Destinatarios
É imprescindible o rexistro como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
Onde se pode facer Na Sala de artes marciais, situada no Complexo Deportivo do Estadio de Atletismo. Todos os espazos e equipamentos se deberán utilizar conforme ás súas normas de uso. Equipamento dispoñible Tatami regulamentario homologado pola IJF, manga de rubir, saco de golpeos e boneco de entrenamento.
Como se accede Mediante unha “reserva de uso”. A reserva de uso é coma unha entrada pero para unha data e horario que as persoas usuarias deberán adquirir previamente por internet. Pódense adquirir soltas, por bonos de 5 e 10 usos e mediante un abono temporal de 30 días ou de curso completo. Unha vez adquirido o bono ou o abono temporal deberase concretar cada reserva de uso que se queira facer. Só se pode facer 1 reserva de uso por día. O máximo de reservas de uso que se poden realizar son 3 (en canto se desfrute unha e estean 2 pendentes de uso xa se pode facer outra) e cunha antelación máxima dunha semana.
Con, polo menos, 1 hora de antelación pódense realizar cambios ou anulacións das reservas de uso, dende a conta de usuario, ou, en caso necesario, chamando por teléfono á conserxaría da instalación (881815224).
A non asistencia a unha reserva de uso, sen xustificación, conleva unha penalización de 4 días sen poder realizar unha nova reserva. A solicitude de xustificación dirixirase ao Servizo de Deportes, mediante correo electrónico ao enderezo deporsec@usc.es, acompañando documentación xustificativa. A reserva de uso implica a ocupación dunha praza da capacidade máxima dos espazos ou equipamentos da sala.
Tempo de uso e horarios A reserva de uso farase para unha franxa de duración máxima de unha hora, de luns a sábado. A franxa horaria marca os límites de permanencia nas salas deportivas realizando a actividade, podéndose acceder á instalación e abandonala cunha ampliación de 15 minutos antes e despois da actividade para uso de vestiarios.
O uso dos vestiarios deberá ser áxil para facilitar a afluencia sen sobrepasar a capacidade. Os horarios concretos para cada época do ano estarán visibles ao realizar a reserva e publicados na web e nos taboleiros da instalación.
Ver aquí.