Ver aquí.
Hora e lugar de saída: 08:00. Desprazamento en autobús, diante da piscina universitaria. Hora de finalización: 20:30, aproximadamente. Lonxitude: 17 km. Desnivel: medio. Dificultade: media.
Xa hai bastantes anos que non visitamos a costa do Cantábrico. Desta volta imos ao concello de Xove. A ruta é unha senda costeira que vai dende a praia de Esteiro ata o Portiño de Morás. Na praia de Esteiro collemos en dirección norte cara o lugar do Castro, onde comeza a senda que temos que percorrer. O itinerario é sinxelo xa que o camiño é moi bo, salvo algún punto concreto. Hai que ter en conta o desnivel, que é un continuo sube e baixa. Imos todo o rato dentro do espazo natural da Rede Natura Mariña Occidental. A paisaxe é unha marabilla, unha auténtica fermosura. Pasamos por Punta Mansa, enseada do Coído, Punta Roncadoiro, Portocelo, Coto da Vela... ata chegar ao portiño de Morás onde rematamos.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas de 1 día, ver convocatoria.