Ver aquí.
Información importante. Hora e lugar de saída: 09:00. Desprazamento en autobús, diante da piscina universitaria. Hora de finalización: 19:30, aproximadamente. Lonxitude: 14 km. Desnivel: medio. Dificultade: baixa-media.
O percorrido de hoxe é unha ruta circular que nos leva case sempre por terras do concello de Guntín, pero tamén hai algún tramo dentro do concello de Portomarín. É unha ruta que ten un alto interese natural xa que pasa por zonas de río con bosques de ribeira moi ben conservados e tamén por carballeiras, zonas de pastos...
Tamén o patrimonio cultural ten o seu protagonismo nesta xornada, xa que pasamos por pontes, aldeas, igrexas e o mosteiro de Ferreira de Pallares, pequeno tesouro pouco coñecido da nosa cultura. A ruta non ten maiores dificultades aínda que hai algún tramo pequeno no que a vexetación poder ser un pouco molesta, e, en caso de haber choivas tamén pode haber lama.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.