O persoal que sexa caso sospeitoso ou confirmado por COVID-19, de conformidade co protocolo de Vixilancia e control do SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia, vixente actualmente, deberá seguir as recomendacións para casos sospeitosos ou confirmados:
Información xeral:
Esta actividade persegue fomentar o contacto entre persoas que poden pertencer a nacionalidades e culturas distintas.
Ao mesmo tempo, estes encontros fóra de aula teñen o obxectivo de exercer unha actividade saudable mediante excursións curtas a pé para coñecer lugares de interese da nosa cidade e do noso entorno galego.
As andainas fanse en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC, a Fundación USC, Voluntariado da USC e estudantes en prácticas.
Información sobre esta andaina:
Data: 16 de xuño
Hora de saída: 16:30 h.
Hora de remate: 18:30 h.
Lugar de saída e remate: Colexiata do Sar.
Lugares a visitar: colexiata do Sar, río Sar e parque do Paxonal.
Idioma: multilingüe
Prazas: máximo 15, mínimo 8. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC).
Andainas lingüísticas - Actividades CLM TÁNDEM - USC
Nota: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Ver aquí.