Organiza: a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Orientación (fegado).
Destinatarios: a comunidade universitaria.
Desenvolvemento:
Carreiras de orientación individuais ou por grupos, acompañados de corredores experimentados cando se precise. Para os corredores que se inicien, ou pouco experimentados, antes de empezar as carreiras (ás 15:30 h) impartirase unha pequena introdución informativa básica sobre a orientación, o uso do mapa e do compás.
Material: facilitarase mapa e compás por parte da organización.