Organiza: a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Orientación (fegado).
Destinatarios: a comunidade universitaria. (Estudantado, PAS e PDI)
Desenvolvemento: carreiras de orientación individuais ou por grupos, acompañados de corredores experimentados cando se precise. Para os corredores que se inicien, ou pouco experimentados, antes de empezar as carreiras impartirase unha pequena introdución informativa básica sobre a orientación, o uso do mapa e do compás.
Material: facilitarase mapa e compás por parte da organización.
Inscrición: gratuíta.
* As persoas interesadas en poder asistir ao Campionato Galego de Orientación que non estén federadas, poderán asistir a dito campionato coa asistencia a un mínimo de tres destas catro xornadas de iniciación ás carreiras de orientación.