Calendario da actividade por períodos:
- 1º período do 14 de setembro ao 29 de novembro. - 2º período do 30 de novembro ao 7 de marzo. - 3º período do 8 de marzo ao 31 de maio. - 4º período (xuño mensual) do 1 de xuño ao 30 de xuño.
Ver aquí.
Sesións de adestramento cardiovascular que combinan a coreografía do baile co uso dun step (unha plataforma elevada). O obxetivo é mellorar a resistencia, a coordinación, o ritmo e a tonificación muscular mentras se goza dunha experiencia divertida.
Obxectivos xerais:
- Mellorar a resistencia cardiovascular.
- Tonificar a musculatura fortalecendo principalmente o tren inferior, incluíndo as pernas e os glúteos, co traballo de subidas e baixadas.
- Desenvolver a coordinación e o equilibrio cos movementos corporais e os pasos de baile coa música mantendo a estabilidade.
- Favorecer a fatiga de calorías axudando o control do peso corporal e na redución de grasa a través dun gasto enerxético elevado.
- Estimular a axilidade mental exercitando a memoria e a concentración mediante a aprendizaxe de secuencias coreográficas encadeadas.
- Fomenta a motivación e a socialización proporcionando un ambiente dinámico e divertido que reduza o estrés e promova o benestar xeral
Profesorado: Monitores do Club Fluvial de Lugo.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.