Calendario da actividade por períodos:
- 1º período do 14 de setembro ao 29 de novembro. - 2º período do 30 de novembro ao 7 de marzo. - 3º período do 8 de marzo ao 31 de maio. - 4º período (xuño mensual) do 1 de xuño ao 30 de xuño.
Ver aquí.
O GAP é unha actividade cardiovascular e tonificante de glúteos, pernas e abdominais.
Obxectivos xerais:
Definir e endurecer os glúteos, as pernas e o abdome.
Traballar a zona media para protexer as costas e mellorar a postura corporal no día a día.
Aumentar a capacidade muscular e cardiovascular ao facer repeticións continúas.
Queimar calorías, axudando a reducir a graxa localizada e manter un peso saudable.
Prever lesión dando maior estabilidade ás articulacións das cadeiras, xeonllos e nocellos.
Profesorado: Monitores do Club Fluvial de Lugo.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.