Calendario da actividade por períodos:
- 1º período do 15 de setembro ao 30 de novembro - 2º período do 1 de decembro ao 8 de marzo - 3º período do 9 de marzo ao 31 de maio, inclúese o mes de xuño gratuíto para recuperacións de clases.
Ver aquí.
Importante: a duración ordinaria da actividade é ata o 31 de maio. Xuño: recuperación de clases.
Obxectivos xerais:
Dar a coñecer o fútbol sala na USC.
Fomentar a práctica do fútbol sala na USC.
Dar a coñecer os beneficios do fútbol sala para a saúde das alumnas.
Adoptar hábitos de hixiene e de exercicio físico.
Participar en actividades onde se establece relación coas compañeiras.
Mellorar as capacidades físicas básicas e destrezas motrices.
Profesorado: Fundación USC.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.