Calendario da actividade por períodos:
- 1º período do 14 de setembro ao 29 de novembro. - 2º período do 30 de novembro ao 7 de marzo. - 3º período do 8 de marzo ao 31 de maio. - 4º período (xuño mensual) do 1 de xuño ao 30 de xuño.
Ver aquí.
Combinación de actividades de tonificación da zona abdominal e lumbar. É unha disciplina física suave baseada en exercicios de estiramento controlados e realizados con atención plena. O seu obxetivo principal é alongar músculos e tendóns, aumentar a flexibilidade corporal e mellorar a amplitude de movemento das articulacións mediante posturas inspiradas no ioga a danza e a ximnasia.
Obxectivos xerais:
Contribuír a prevención de lesións derivadas de sedentarismo e malas posturas.
Mellorar a forza e a resistencia da musculatura estabilizadora do tronco.
Mellorar a elasticidade aumentando a capacidade de movemento dos músculos, tendóns e articulacións.
Optimizar a postura e axudar na reeducación postural global.
Reducir a tensión e a rixidez muscular acumulada polo estrés ou a falta de actividade.
Favorecer a relaxación diminuindo a tensión física e mental mediante unha respiración axeitada e consciente.
Profesorado: Monitores do Club Fluvial de Lugo.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.