Calendario da actividade por períodos:
- 1º período do 14 de setembro ao 29 de novembro. - 2º período do 30 de novembro ao 7 de marzo. - 3º período do 8 de marzo ao 31 de maio, inclúese o mes de xuño gratuíto para recuperacións de clases.
Ver aquí.
Importante: A duración ordinaria da actividade é ata o 31 de Maio. Xuño: recuperación de clases.
Obxectivos xerais:
Facilitar a integración do alumnado primando a interacción social, creando un grupo de traballo ameno, dinámico e comprometido.
Axudar a coñecer e mellorar as destrezas básicas desta disciplina deportiva dun xeito divertido.
Aumentar ou crear a afección polo balonmán mediante a súa práctica.
Fomentar os valores dos deportes de equipo: compañeirismo, solidariedade, respecto, etc.
Profesorado: Fundación USC.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 17 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.